Información
Galicia

CHUAC: "faltan camas, os/as doentes amoréanse nos corredores e a Consellaría non fai nada"

Información
21 Enero 2019 208 votos
5 1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 Rating 100%

Os correos que avisaron do colapso en Urxencias: "Compartiremos responsabilidades se alguén falece"

A Comisión de Centro do Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (CHUAC) vén de denunciar, unha vez máis, a caótica situación na que se atopan das unidades de hospitalización  e do servizo de Urxencias do hospital.

 

O CHUAC, explican ten falta de camas todo o ano, como o proba o feito que en moitas unidades do hospital xa está “normalizado” introducir unha terceira cama en habitacións habilitadas como dobres. As consecuencias desta sobreocupación son a perda de calidade e de seguridade na asistencia que reciben os/as pacientes; grande sobrecarga e estrés dos/as profesionais que teñen que atender a moitos máis doentes pero co mesmo persoal e recursos, un incremento dos riscos para a seguridade, etc..

"Colapso xeneralizado"

Tanto os hospitais do CHUAC coma o seu servizo de Urxencias están durante todo o ano  ao límite da súa capacidade "polo que o incremento na afluencia de pacientes e na demanda de camas hospitalarias asegura un colapso xeneralizado". Ante a imposibilidade de facer ingresos porque nos cuartos non caben máis camas, "a Xerencia e o conselleiro teñen a solución: os corredores de urxencias son amplos, hai moito espazo para amorear doentes", critican.

Á Xerencia e á Consellaría non lle importan os/as doentes nin os/as profesionais. Como tampouco lle preocupan os custes na calidade e dignidade da asistencia sanitaria que se presta"

A este respecto, a presidenta da Comisión, María Seijo (CIG), subliña que o incremento da demanda non é un feito puntual, senón "unha realidade epidemiolóxica, cando menos, dos meses do período invernal". "Son feitos coñecidos, sábense as necesidades sanitarias que vai haber. Non é algo imprevisto para ninguén, tampouco para a Xerencia e para o conselleiro de Sanidade, pero vese que si é algo que os deixa indiferentes e ante o que consideran que non se deben  tomar medidas, xa que non se fixo nada para evitar o colapso hospitalario", asevera.

Normalizar unha atención sanitaria deficiente

Dende a Comisión lamentan que para este Goberno da xunta “o normal” sexa "que os hospitais estean faltos de camas e que os/as doentes teñan que estar amoreados nas habitacións e polos corredores de urxencias".

Nestas circunstancias, a elevadísima presión asistencial que soportan os e as profesionais tampouco é algo que lle pareza preocupar ao conselleiro de Sanidade. "Se non lle importan os/as doentes, pouco lle importamos os/as profesionais. Como tampouco lle preocupan os custes na calidade e dignidade da asistencia sanitaria que reciben os e as pacientes". A Comisión de Centro censura que a única preocupación da Administración galega sexa "o custe económico; o reforzo de persoal tanto nas unidades hospitalarias con sobreocupación como no propio servizo de urxencias ou non existe ou se regatea ao máximo".

Diante disto, a Comisión de Centro esixe o reforzo inmediato, "sen regateos miserábeis", de todas as unidades hospitalarias e do servizo de urxencias. "Os profesionais non van “normalizar” esta situación", aseveran.

Os correos que avisaron do colapso en Urxencias: "Compartiremos responsabilidades se alguén falece"

 

Correos electrónicos enviados pola delegada de persoal de Urxencias os días 2 e 3 de xaneiro CC-BY-SA Praza Pública

lineaazul 1600

Otros articulos relacionados.....

FranquiAtlántico, el Salón de franquicias de referencia en el...

- Trátase da 4ª edición desta carreira de aventuras por equipos...

A secretaría das Mulleres da CIG presentou esta mañá, en...

Destacado Campionato de Galicia de lanzamentos longos Sub16/18/20...