Información
Galicia

Feijoo "vive aterrado" polo medo de que o PSOE pacte con Vox.

Información
20 Enero 2019 185 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

GONZALO CABALLERO VE A FEIJÓO “FÓRA DA REALIDADE” POR DICIR QUE O PSOE PACTARÍA CON VOX: “NIN O FARÍA NINGUNHA DEREITA EUROPEÍSTA MODERADA”

O secretario xeral sinala que estes orzamentos aumentarán directamente a renda de “máis dun millón de galegos”, porque “os últimos nas prioridades da dereita son agora os primeiros”

A ministra de Defensa ironiza con que Pablo Casado “está sacando los peores fantasmas del pasado” que representa Aznar e defende “una España y una Galicia en color”

 

Pontevedra, 20 de xaneiro de 2019. O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, destacou este domingo o carácter social dos orzamentos presentados polo goberno socialista, que levan “o selo da solidariedade e da igualdade”. “Os últimos nas prioridades da dereita son agora os primeiros”, reivindicou, e atribuíu o rexeitamento amosado polos conservadores a que as contas “apoian a quen o PP non quería apoiar”.

Neste senso, o líder dos socialistas galegos sinalou que “máis dun millón” de persoas en Galicia verán aumentar directamente con estes orzamentos os seus ingresos mensuais, entre pensionistas, autónomos, traballadores públicos e mozos, entre outros colectivos. “Son presupostos pensados para a xente”, incidiu.

Precisamente por iso, como explicou Gonzalo Caballero, “os socialistas galegos estamos co goberno, porque queremos o mellor para os galegos”. Así é que rexeitou “falar de números ficticios, irreais” como os que debuxaba o PP nas contas e, despois, non orzamentaba. “Se falamos de números reais, primeiro hai que falar dos 2.000 millóns que Rajoy deixou sen executar coa complicidade de Feijóo”, sentenciou.

ESTE GOBERNO CUMPLE” COAS FRAGATAS

Ademais, criticou que a dereita exclúa das inversións do goberno en Galicia os 4.325 millóns de euros cos que se van construír cinco fragatas nos estaleiros de Ferrol, e que xerarán 7.000 empregos. “Que Feijóo e o PP expliquen que intereses atrasaron o proxecto”, remachou en presenza da ministra de Defensa, Margarita Robles.

Foi ela quen destacou que eses fondos “son de verdad”, a diferenza do que ocorría antes. “Pero este gobierno cumple”, enfatizou a responsable de Defensa, ao tempo que detallou que esa partida traerá a Galicia “emprego, ciencia y tecnología”.

GALICIA NECESITA CAMBIO”

Adicionalmente, Gonzalo Caballero anticipou que os socialistas “seremos primeira forza” tanto nas vindeiras eleccións municipais coma nas xerais, e tamén enfocou o traballo para retirar a Feijóo porque “Galicia necesita cambio”.

Feijóo non atopará un PSdeG que agache a cabeza”, advertiu o máximo dirixente do PSdeG, e, nesa liña, censurou que pretenda “insultar a intelixencia” dos galegos dicindo que os socialistas tamén firmarían o pacto con VOX.

Vive fóra da realidade”, detectou Gonzalo Caballero, á vista de que non só “as conviccións socialistas” impedirían un acordo coa ultradereita, senón que “ningunha dereita europeísta moderada” o faría. “Feijóo está perdendo o rumbo”, criticou, e pechou: “Claro que Casado ten tutelas e tutías, a súa tutela é Aznar e a súa tía política é Esperanza Aguirre”.

FANTASMAS DEL PASADO”

Tamén Margarita Robles aludiu aos pactos do PP coa ultradereita, para deixar claro que os socialistas “tendremos tolerancia cero con cualquier frivolidad que implique retroceso en los derechos de las mujeres y en la lucha contra la violencia de género”.

E, ao fío diso, sinalou que Pablo Casado “está sacando los peores fantasmas del pasado”, en referencia á presencia de Aznar na convención do PP. “¿Ese es el futuro que quiere para España? ¿El de la guerra de Irak y las armas de destrucción masiva?”, inquiriu, e defendeu “una España y una Galicia vivas y en color, que miren al futuro y no al pasado”.

COMPROMISO CON UNA SOCIEDAD MÁS JUSTA”

En paralelo, a ministra fixo fincapé en que “el único partido que representa el compromiso con una sociedad más justa es el PSOE”, ao tempo que contrapuxo “la ética” que o caracteriza coa “corrupción” que motivou a saída do PP e de Mariano Rajoy do goberno.

Por eso no nos lo han perdonado”, evidenciou Margarita Robles, e atribuíu a estes feitos “la campaña de acoso” que puxo en marcha a dereita para tentar derribar ao goberno de Pedro Sánchez. “Pero no van a poder, no nos van a amedrentar”, engadiu, e proseguiu poñendo de relevo que este executivo “trabaja por las personas”.

Sobre todo, por las que lo han pasado peor”, destacou, en alusión á suba das pensións, os beneficios para os autónomos, a suba do SMI, a mellora salarial dos traballadores públicos... “Si alguien dice que quiere a este país y que es progresista, y no apoya estos presupuestos, no está diciendo la verdad”, concluíu.

OS PGE “MÁIS SOCIAIS DA HISTORIA”

O acto que clausurou Gonzalo Caballero foi presentado pola secretaria local do PSOE en Pontevedra, Maica Larriba, quen puxo en valor que os orzamentos presentados polo goberno socialista son “os máis sociais da historia”, unha cuestión que tamén abordaron o secretario provincial, David Regades, e o candidato á alcaldía de Pontevedra, Tino Fernández.

No caso do dirixente provincial, recordou como o PP dicía que “non se podían dignificar as pensións” ou subir o salario mínimo, medidas decididas polo goberno de Pedro Sánchez. “As persoas primeiro”, corroborou Tino Fernández, para poñer o foco na importancia destas contas para a súa cidade.

REVOLUCIÓN MUNICIPAL”

Pola súa banda, a presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, destacou a paridade nas intervencións dos socialistas neste acto, a diferenza do que ocorre “na convención de aznares” na que, ademais, non se está facendo ningunha aportación “para o progreso do país”.

Nin unha palabra para o futuro”, reprobou Carmela Silva, quen recalcou que as transformacións neste país sempre chegaron da man do PSOE. Tamén a nivel municipal, sinalou, consciente de que todos os grandes alcaldes, non só en Galicia, senón ata en Madrid ou Barcelona, foron socialistas.

Así é que chamou a traballar para volver a acometer “esa revolución municipal” o vindeiro 26 de maio, para ter “máis potencia e máis apoio social” coa vista posta en que Pedro Sánchez siga sendo presidente tralas eleccións xerais e en que Gonzalo Caballero dea “o cambio que necesita Galicia” cando sexan as autonómicas.

lineaazul 1600

Otros articulos relacionados.....

Destacado Campionato de Galicia de lanzamentos longos Sub16/18/20...

El 22 de febrero, Lume de Biqueira, la banda de gaitas...

A Marinha realiza no próximo dia 19 de fevereiro, na Esquadrilha...

O secretario Xeral da CIG, Paulo Carril, compareceu esta mañá...