Información
Galicia

O TSXG aumenta en catro anos a condena a un exadestrador de fútbol por abusar de dúas xogadoras

Información
19 Enero 2019 183 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

O TSXG condenou a catro anos máis de prisión o exadestrador dun equipo de fútbol sala feminino que fora sentenciado pola Sección Quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, a 18 anos e nove meses de cárcere como autor dun delito continuado de abusos sexuais con acceso carnal a menor de 16 anos, dun delito continuado de elaboración de pornografía infantil sobre menor de 16 anos e doutro delito de exhibición de material pornográfico entre menores de idade. A Sala do Civil e Penal do TSXG, que acolleu o recurso presentado pola Fiscalía, considera o exadestrador culpable dun delito de abuso sexual sobre outra xogadora do equipo, tamén menor de 16 anos. Por este delito, do que fora absolto pola Audiencia, o alto tribunal galego imponlle catro anos de prisión. O procesado, por tanto, foi sentenciado a un total de 22 anos e nove meses de cárcere.

 

O TSXG considera que a absolución en relación con ese delito na resolución da Sección Quinta é “indebida” e destaca a súa “incongruencia” respecto do relato de feitos probados da sentenza, na que a Audiencia sostén que o condenado, cando se atopaba no seu vehículo coas dúas menores, á segunda vítima “pasoulle a man pola perna esquerda con intención de tocarlle o cu e os órganos xenitais”. O alto tribunal galego destaca que “a incongruencia non pode ser máis obvia” porque a Audiencia describe “un abuso consumado”, pero cualifícao como “falta de vexacións leves”.

O TSXG rexeitou o recurso interposto polo exadestrador. Con respecto ao descoñecemento da lei que argumenta, os maxistrados destacan que, con independencia de cal fose a data exacta do inicio das relacións coa menor, “sen dúbida gran parte delas tiveron lugar cando a legalidade vixente era a actual e se cosideraba delituoso o abuso sexual a menores de 16 anos e non só a menores de 13 anos como estableceu o Código penal ata 2015”. Os xuíces consideran acreditado que a finais de xaneiro de 2016, cando o procesado tiña 37 anos, empezou a manter relacións sexuais consentidas cunha menor que tiña 14 anos e acababa de empezar a xogar no equipo de fútbol que dirixía. O tribunal indica que a vítima accedeu a enviarlle en numerosas ocasións fotografías e vídeos dela espida e en actitude sexual. 

O exadestrador tamén foi condenado a 21 anos de liberdade vixiada unha vez que saia de prisión. A medida consiste na prohibición de acudir a eventos, espectáculos públicos, privados ou deportivos, recintos ou acontecementos públicos ou deportivos destinados a menores de idade; a prohibición de levar a cabo actividades de carácter laboral, participativo, lúdico ou deportivo nas que interveñan menores; e a prohibición de aproximarse aos recintos nos que se estean levando a cabo tales espectáculos ou eventos a unha distancia inferior de 500 metros. Ademais, deberá someterse a un programa de educación sexual.

O procesado, que é reincidente, foi inhabilitado para calquera profesión ou oficio, sexa ou non retribuído, que comporte contacto regular e directo con menores de idade por un tempo superior en 35 anos ao da duración da pena de prisión imposta.

***

El TSXG aumenta en cuatro años la condena a un exentrenador de fútbol por abusar de dos jugadoras

 

18/01/2019.- El TSXG ha condenado a cuatro años más de prisión al exentrenador de un equipo de fútbol sala femenino que había sido sentenciado por la Sección Quinta de la Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, a 18 años y nueve meses de cárcel como autor de un delito continuado de abusos sexuales con acceso carnal a menor de 16 años, de un delito continuado de elaboración de pornografía infantil sobre menor de 16 años y de otro delito de exhibición de material pornográfico entre menores de edad. La Sala de lo Civil y Penal del TSXG, que ha estimado el recurso presentado por la Fiscalía, considera al exentrenador culpable de un delito de abuso sexual sobre otra jugadora del equipo, también menor de 16 años. Por este delito, del que había sido absuelto por la Audiencia, el alto tribunal gallego le impone cuatro años de prisión. El procesado, por tanto, ha sido sentenciado a un total de 22 años y nueve meses de cárcel.

El TSXG considera que la absolución respecto a ese delito en el fallo de la Sección Quinta es “indebida” y destaca su “incongruencia” respecto al relato de hechos probados de la sentencia, en la que la Audiencia sostiene que el condenado, cuando se encontraba en su vehículo con las dos menores, a la segunda víctima “le pasó la mano por el muslo izquierdo con intención de tocarle el culo y los órganos genitales”. El alto tribunal gallego destaca que “la incongruencia no puede ser más obvia” porque la Audiencia describe “un abuso consumado”, pero lo califica como “falta de vejaciones leves”.

El TSXG ha desestimado el recurso interpuesto por el exentrenador. Con respecto al desconocimiento de la ley que argumenta, los magistrados destacan que, con independencia de cuál fuese la fecha exacta del inicio de las relaciones con la menor, “sin duda gran parte de ellas tuvieron lugar cuando la legalidad vigente era la actual y se consideraba delictivo el abuso sexual a menores de 16 años y no solo a menores de 13 años como estableció el Código Penal hasta 2015”. Los jueces consideran acreditado que a finales de enero de 2016, cuando el procesado tenía 37 años, empezó a mantener relaciones sexuales consentidas con una menor que tenía 14 años y acababa de empezar a jugar en el equipo de fútbol que dirigía. El tribunal indica que la víctima accedió a enviarle en numerosas ocasiones fotografías y vídeos de ella desnuda y en actitud sexual.

El exentrenador también ha sido condenado a 21 años de libertad vigilada una vez que salga de prisión. La medida consiste en la prohibición de acudir a eventos, espectáculos públicos, privados o deportivos, recintos o acontecimientos públicos o deportivos destinados a menores de edad; la prohibición de llevar a cabo actividades de carácter laboral, participativo, lúdico o deportivo en las que intervengan menores; y la prohibición de aproximarse a los recintos en los que se estén llevando a cabo tales espectáculos o eventos a una distancia inferior de 500 metros. Además, deberá someterse a un programa de educación sexual.

El procesado, que es reincidente, ha sido inhabilitado para cualquier profesión u oficio, sea o no retribuido, que conlleve contacto regular y directo con menores de edad por un tiempo superior en 35 años al de la duración de la pena de prisión impuesta

lineaazul 1600

Otros articulos relacionados.....

FranquiAtlántico, el Salón de franquicias de referencia en el...

- Trátase da 4ª edición desta carreira de aventuras por equipos...

A secretaría das Mulleres da CIG presentou esta mañá, en...

Destacado Campionato de Galicia de lanzamentos longos Sub16/18/20...