Información
Galicia

Denuncian en Europa batidas de raposos en Galiza baixo actividade deportiva

Información
11 Enero 2019 124 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

Ana Miranda, presentará diversas iniciativas no Parlamento Europeo para denunciar as batidas de raposos previstas en Galiza a partir do vindeiro luns. Miranda denuncia asemade que estas prácticas se desenvolvan baixo a xustificación de “actividade deportiva”.

 

Para Ana Miranda “esta práctica non é defendible baixo ningún aspecto, pero moito menos como actividade deportiva”. A eurodeputada galega critica, por outro lado, que as batidas previstas conten co patrocinio do goberno galego, así como Ence e o concello de Cerdedo-Cotobade, ” tal e como figura nos seus carteis de publicidade. “Disparar a seres vivos non pode considerarse como actividade deportiva”, salienta.

A eurodeputada nacionalista amosa o seu apoio as iniciativas desenvolvidas pola asociación Libera, que explica que entre 2011 e 2017 foron tiroteados máis de 75.000 exemplares “por simple disfrute”. Para o BNG non existe ningún tipo de xustificación a este feito e pese a que non existe ningún censo científico sobre o número de zorros en Galiza, a Xunta autorizou polo menos 7 batidas nas catro provincias.

Contaminación por chumbo

Por outro lado, esas batidas supoñen unha “presión intolerable para o medio ambiente” con cans e cazadores acosando a diferentes especies e o emprego de perdigóns de chumbo. “Non só atopamos unhas prácticas que non son deportivas senón que por riba son tremendamente contaminantes para o noso medio”, subliña Miranda, quen insta a rematar con estas batidas, “inxustificadas e inxustificables desde todos os puntos de vista”.

lineaazul 1600

Otros articulos relacionados.....


Esquema dos conos proxectados durante unha eclipse. Foto:...

PECHADO O CUARTO DE CONTENCIÓN
Días antes de que no Obelisco...

Esta mañá presentouse na sala de reunións da casa do Concello...

El próximo domingo 20 de enero el Club Waterpolo Pontevedra se...