Información
Galicia

Tres millóns de euros ao tecido cultural e 15 mil euros ao sobriño da Secretaria de Goretti (BNG) a "dedo".

Información
09 Enero 2019 314 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

A Deputación da Coruña destina tres millóns de euros ao tecido cultural da provinciaOito liñas de subvencións con tres millóns de orzamento é o resumo das bases das novas convocatorias publicadas no Boletín Oficial da Provincia da Coruña cos que a área de Cultura da Deputación dinamiza o tecido cultural do territorio dos concellos, de maneira especial, da actividade das asociacións do sector.

A Deputación da Coruña publica as bases de oito das súas doce liñas de concorrencia competitiva convocadas desde a área de Cultura con destino preferente a entidades sen fins de lucro e concellos. As oito que son xa públicas contemplan un orzamento de tres millóns de euros dos que máis de dous van dirixidos ás seis convocatorias ás que poden concorrer asociacións do tecido cultural. O prazo de presentación de propostas rematará o vindeiro 15 de febreiro. A  estas liñas agora publicadas sumaranse en breve as que teñen como obxectivo a contratación de persoal técnico por parte dos concellos de xestión cultural, animación sociocultural e museos e centros de interpretación e as creadas no pasado ano para empresas que presenten proxectos culturais singulares e de contidos audiovisuais en lingua galega.
 

lineaazul 1600

Otros articulos relacionados.....

Celebrarase do 5 ao 29 de abril nos restaurantes, ao igual que...

Con previsión de vientos flojos a moderados que además se harán...

20.03.2019.- As bases que rexen o certame pódense consultar no...

El próximo sábado 27 de Abril de 2019 a las 15.00 horas arrancará...

lineaazul 1600