Información
Galicia

CGT e Observatorio CODE se querellan por malversación de fondos públicos da CAM

Información
13 Diciembre 2018 382 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

As entidades INICAP e CRM serían utilizadas durante o goberno de Esperanza Aguirre para malversar fondos da Comunidade de Madrid, Caixa Madrid e a Cámara de Comercio de Madrid, provocando perdas superiores a 60 millóns de euros

 A Confederación Xeral do Traballo (CGT) e o Observatorio Contra Delitos Económicos (Observatorio CODE) presentaron esta semana unha querella pola utilización de dúas entidades de capital de risco para malversar millóns de euros e desvialos a empresas privadas, cuxa actividade era ficticia. Estes feitos producíronse durante o goberno de Esperanza Aguirre (PP).

 

 Os feitos denunciados, que se poderían subsumir en dúas tramas, tiveron lugar principalmente entre os anos 2006 e 2012.

 Na primeira trama están implicadas ata nove empresas vinculadas co mundo da moda. Durante este tempo CRM e INICAP investiron nestas sociedades ata 15 millóns de euros, a través de ampliacións de capital; da compra de participacións e de marcas ou mediante a concesión de préstamos e de avales. Nesta trama participaron empresas de personaxes coñecidos na industria da moda como Javier Larrainzar, Miguel Palacio ou Elio Berhanyer. Algunhas das empresas nin tan sequera chegaron a ter ingresos ou a presentar as súas contas, malia que recibiron investimentos públicos millonarias.

 A segunda trama céntrase na rede de gimnasios Go Fit. CRM sufragou a posta en marcha dos gimnasios a través de sociedades interpostas e vinculadas con Ingesport, que ocasionaron perdas de 3,5 millóns de euros a CRM. Trala posta en marcha dos gimnasios, estes vendéronse ao fondo de Capital Risco Corpfin. Corpfin é un fondo vinculado con Carolina de Oriol, que está casada cun fillo de Esperanza Aguirre, e que obtivo beneficios millonarios pola reventa de Go Fit en 2015.

 O capital de CRM foi aportado pola Comunidade de Madrid a través do IMADE, Caixa Madrid e a Cámara Oficial de Comercio e Industria, mentres que o de INICAP foi aportado pola Comunidade de Madrid, tamén a través do IMADE, e a Cámara Oficial de Comercio e Industria. CRM foi gestionado por unha sociedade de Caixa Madrid, Avanza, presidida por altos cargos da caixa condenados polas tarxetas black e INICAP por Möbius, unha sociedade liderada por Javier López Madrid.

 

 Ademais, o Observatorio CODE indica que as perdas de CRM e INICAP foron reiteradas e continuas, acabando a totalidade as sociedades nas que investiron disoltas ou con perdas económicas importantes, sen haber fomentado o desenvolvemento económico da Comunidade de Madrid, que era a finalidade destas entidades.

En leste mesmo sentido, o observatorio manifesta que os investimentos resultan inexplicables desde calquera punto de vista, xa sexa este comercial, económico ou social.

 

Vídeo de la rueda de prensa:https://www.youtube.com/watch?v=FGp2j2XJvA4&feature=youtu.be 

lineaazul 1600

Otros articulos relacionados.....

As rúas de Ferreira acolleron durante a xornada de onte e hoxe...

Pablo Rivera Capón, o Concelleiro de Deportes de Lugo, Miguel...

23.03.2019. O club CastroBike, federado hai apenas 4 anos, conta...

Estimada lectora, estimado lector,

O 26 de marzo a Unión Europea...

lineaazul 1600