Información
Galicia

O Goberno de Feijóo non soo provoca precariedade no emprego e no desemprego, leva a mais do 53% das familias galegas a vivir de axudas asintenciais

Información
07 Diciembre 2018 530 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

ÉXITOS DO GOBERNO DE FEIJÓO- Un xuíz impide á Xunta retirar a renda de inclusión social a unha muller. OS GALEGOS E GALEGAS, TODOS NOS POLA MALA XESTIÓN DO PPDEG DEBEREMOS indemnizar A TRAVÉS DA XUNTA a viguesa á que obrigara a mudarse por convivir con outra perceptora de Risga

Os datos do paro publicados hoxe polo Servizo Público de Emprego, correspondentes ao mes de novembro, amosan que o número de desempregados acadou as 170.369 persoas en Galicia, con 625 persoas máis que no mes anterior (un 0,37%, fronte á baixada do 0,06% do resto do Estado), o que amosa que, de novo, a estacionalidade marca as estatísticas debido a que finalizou a temporada vacacional e novembro aínda non enganchou cos contratos de nadal. Isto tamén evidencia que o mercado laboral galego non consegue unha consolidación estrutural e que as súas subas e baixadas son produto de factores sempre conxunturais. No ano o desemprego baixou un 9% (16.806 persoas menos).

 

FOTO MARIANO RAJOY Y SUS MÉRITOS POLÍTICOS, NOMBRADO PERSONA NON GRATA EN EL AYUNTAMIENTO DONDE NACIÓ.

UGT-Galicia incide na debilidade do sistema produtivo, baseado en actividades estacionais, moi ligadas a trimestres como o verán e o nadal.

Tampouco se pode esquecer que, detrás do aumento da ocupación (20.714 afiliados máis nun ano), séguese atopando un elevado nivel de emprego precario, temporal e parcial, só o 9,56% dos contratos foron indefinidos.

Para UGT-Galicia, resulta prioritario reforzar a protección das persoas, mellorando a cobertura das prestacións por desemprego. Así, a taxa de cobertura sitúase no 53,7% en Galicia, fronte ao 57,1% estatal, ofrece protección a 83.085 traballadores e deixa fóra do sistema a 86.659 persoas, tendo en conta tanto aos que teñen dereito a cobertura como aos que non o xeraron previamente.

Pero é que tan só 37.532 persoas son beneficiarias dunha prestación por desemprego de carácter contributivo, tan só o 45,2% do total, o que indica unha gran precariedade na cobertura por desemprego, e cun importe medio de 784,4 euros ao mes. A gran maioría da cobertura dos desempregados é de carácter asistencial, ben sexa un subsidio (37.309), renda activa de inserción (7.869 persoas) ou programa de activación de emprego (375 persoas).

Urxe que as administracións continúen avanzando cos interlocutores sociais para frear o deterioro do mercado de traballo, apostando por un emprego de calidade. Para elo, será necesaria unha reforma do sistema de prestacións que dunha vez mellore a cobertura e empregabilidade das persoas que máis o precisan, xa que con máis de 170.000 persoas en paro, tan só 83.085 perciben prestacións por desemprego.

Ademais, UGT-Galicia cre imprescindible potenciar as políticas activas de emprego dende o eido público, dado que sufriron os recortes da austeridade de xeito especialmente acusado dende o 2010 e hai que poñer en marcha medidas de creación de emprego con recursos adicionais para os servizos públicos de emprego co fin de mellorar a empregabilidade e a formación e lograr así a inserción permanente dos desempregados.

Afondando máis nas cifras feitas públicas hoxe, por sexos, no mes de outubro deuse unha peor evolución do desemprego entre os homes, onde medrou nun 1,81%, fronte ao á caída do 0,67% no caso das mulleres. Aínda así, a brecha no desemprego segue a estar aí, o 57,6% do total das persoas desempregadas en Galicia son mulleres, 72.301 homes, fronte a 98.068 mulleres. Entre os menores de 25 anos o desemprego caeu no mes nun 0,9%.

Por sectores, o paro tivo un comportamento desigual. O desemprego cae na industria, nun 0,37%, e no colectivo de sen emprego anterior, o 1,54%. Pola contra, medra na construción, o 1,89%, e o 5,15% no primario. Nos servizos tamén aumentou nun 0,3%, en termos absolutos no sector que máis creceu, en 352 persoas. En termos anuais o descenso foi acusado en todas as actividades.

En relación á contratación, no mes de novembro asináronse en Galicia 84.427 contratos. En relación ao mes anterior, a contratación baixou nun 18,42%. Esta caída no mes débese á estacionalidade do mes de novembro, de baixa ocupación. Caeu a temporal nun 18,3% e a indefinida nun 19,7%. A porcentaxe de contratación indefinida foi do 9,56%. Unha porcentaxe máis elevada que nos meses de verán pola ponte que fai o mes de novembro entre as contratacións do verán e as de nadal. Isto distorsiona calquera análise da contratación.

O número total de persoas afiliadas/cotizantes á Seguridade Social é de 1.009.871 no mes, caendo no 0,33%. Galicia aínda está moi afastada dos niveis de cotizantes previos á crise e cun claro acento de estacionalidade e temporalidade.

 

 



GALICIA

Novembro 2018

VARIACIÓN SOBRE

Mes anterior

Mesmo mes ano anterior

%

%

DESEMPREGO

Nº desempregados rexistrados

170.369

625

0,4

-16.806

-9,0

* homes

72.301

1.287

1,8

-8.268

-10,3

* mulleres

98.068

-662

-0,7

-8.538

-8,0

Nº parados mozos < 25 anos

8.677

-79

-0,9

-1.188

-12,0

Nº desempregados por sectores*

         

* agricultura

6.388

313

5,2

-415

-6,1

* industria

18.869

-71

-0,4

-2.575

-12,0

* construción

14.103

262

1,9

-3.038

-17,7

* servizos

116.244

352

0,3

-9.097

-7,3

* sen emprego anterior

14.765

-231

-1,5

-1.681

-10,2

Beneficiarios prestación por desemprego (outubro)

83.085

 

Taxa de cobertura prestación por desemprego (outubro)

53,69

Parados totais sen ningún tipo de prestación (outubro)

86.659

CONTRATACIÓN

         

Nº contratos

84.427

-19.057

-18,4

4.402

5,5

Nº contratos indefinidos (inclúe transformación de contratos en indefinidos)

8.074

-1.979

-19,7

1.398

20,9

Nº contratos temporais

76.353

-17.078

-18,3

3.004

4,1

AFILIACÍON Á SEGURIDADE SOCIAL

       

Nº afiliados/cotizantes (datos provisionais)

1.009.871

-3.327

-0,3

20.714

2,1

Fonte: Gabinete Económico Comisión Executiva UGT Galicia, a partir dos datos do Ministerio de Traballo, Migracións e Seguridade Social

lineaazul 1600

Otros articulos relacionados.....

As rúas de Ferreira acolleron durante a xornada de onte e hoxe...

Pablo Rivera Capón, o Concelleiro de Deportes de Lugo, Miguel...

23.03.2019. O club CastroBike, federado hai apenas 4 anos, conta...

Estimada lectora, estimado lector,

O 26 de marzo a Unión Europea...

lineaazul 1600