Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

sexualidade2Cada ano, por volta do Día Internacional da Acción pola Saúde das Mulleres, a área de Servizos Sociais e Igualdade da Deputación da Coruña, presidida por Ánxela Franco, desenvolverá as Xornadas "Saúde e Sexualidade" que botaron a andar nesta primeira edición coa vontade de "rachar barreiras non só físicas senón tamén mentais", segundo sinalou a deputada na inauguración.

Especialistas e representantes de colectivos participaron nas "Xornadas sobre saúde e sexualidade" organizadas pola área de Servizos Sociais da Deputación da Coruña que se desenvolveron na mañá deste vernres 27 de maio. As intervencións do programa incidiron na necesidade do dereito á sexualidade e a da educación sexual sen discriminación. "Pretendemos varios obxectivos, en primeiro lugar, rachar barreiras non só físicas senón tamén mentais a respecto da sexualidade e dos nosos corpos e ao mesmo tempo, visibilizar socialmente que temos moito traballo por diante para acadar un mundo en igualdade, onde se acepten as diversidades na súa totalidade, non esquecendo que son múltiples e que é esa diversidade a que nos enriquece como sociedade", sinalou a deputada responsábel da área de Servizos Sociais e Igualdade, Ánxela Franco na súa intervención inaugural.

Ánxela Franco anunciou que a xornada "Saúde e Sexualidade" se desenvolverá a partir desta primeira edición todos os anos co fin de conmemorar o Día Internacional da Acción pola Saúde das Mulleres para botar luz sobre "dereitos fundamentais" que até agora non recibiron a atención que merecían. "Temos dereito a vivir a nosa sexualidade de forma plena e libre. Até hai ben pouco tempo o noso corpo era tabú incluso para nós mesmas", defendeu a deputada de Igualdade.

"Corpos, mentes e identidades" foi o título da intervención de Laura Bugalho que deu inicio ao programa. "Durante as últimas tres décadas no Estado español as persoas trans, e nomeadamente as mulleres trans confluímos no feminismo achegando novas reflexións de deconstrución do binomio home/muller, establecendo un continuum e desaxiomizando os xéneros como construtos sociais en canto aos roles impostos.", defendeu Laura Bugalho para quen "a confluencia seguiu a incrementar nunha sinerxia capaz de alianzar identidades diversas o que definiu o Transfeminismo actual"

Pola súa parte, Paula Fernández Rico, traballadora social do Centro Quérote+ de Santiago de Compostela explicou que "o 90% das usuarias e usuarios achéganse aos centros Quérote+ por situación derivadas da vivencia da súa sexualidade." polo que a educación sexual é un dos piares do seu traballo. A sexoloxía, apuntou, axuda a clarificar moitas cuestións arredor do Feito Sexual Humán e as súas tres realidades, "a sexuación, a sexualidade e a erótica, as tres vívense conxuntamente por todo ser humano", para falar, polo tanto da polo tanto imos falar da "educación dos sexos".

A presidenta da Asociación de familias de menores trans, ARELAS, Cristina Palacios, quixo facer visible unha realidade socialmente oculta, a de as e os menores transexuais. Coa experiencia vital da súa filla Sara como horizonte, Cristina defendeu "unha alternativa para unha realidade complexa que transcende a simpleza dun proceso de "etiquetado sexual" en función dos xenitais ao nacer".

Mulleres, sexualidade e discapacidade

A mesa redonda "Diversidade funcional e sexualidade" puxo fin á xornada coa intervención da presidenta de VIGALICIA, Ánxela López Leiceaga, a psicóloga e sexóloga Olga Núñez, a educadora sexual Débora Baza Rodríguez e a representante da Asociación de mulleres con discapacidade de Galicia, Acadar.

A sexualidade dende o punto de vista das persoas con diversidade funcional foi o centro da intervención de Ánxela López Leiceaga que falou do recurso da "asistencia sexual", que explicou como "unha ferramenta que empodera a persoa no ámbito sexual, nos permite acceder o noso corpo e a expresión sexual en igualdade de condicións respecto o resto dos cidadáns. Unha figura en construción e que xa existe noutros países e en España recentemente, aínda que non está recoñecida.". "A sexualidade é un dereito humano recoñecido na Convención da ONU dos Dereitos das persoas con diversidade funcional, que ampara o ideario do movemento de Vida Independente. As institucións públicas deben velar polo cumprimento do disposto na mesma", defendeu Ánxela López Leiceaga. Coñecer a realidade das mulleres con diversidade congnitiva en canto ao seu desenvolvemento sexual foi igualmente obxectivo da educadora sexual Débora Baz que presentou o proxecto que está a desenvolver en varios centros e deu voz a través duns vídeos a algunha das mulleres coas que traballa co fin de aproximar realidades.

Tamén da figura de Asistente Sexual na Diversidade Funcional como aposta de futuro falou Olga Núñez que, como psicóloga e sexóloga, centrou a súa participación na defensa dos Dereitos Sexuais de todas as persoas, sen ningún tipo de discriminación, "a favor da promoción da Saúde Sexual dende unha perspectiva positiva, lúdica e erotofílica da Sexualidade como parte do proceso de desenvolvemento integral do ser humano e fonte de Calidade de Vida".

"As mulleres con discapacidade enfróntanse a unha dupla discriminación cando intentan exercer libremente os seus dereitos sexuais e reprodutivos, a os mitos e estereotipos sobre a sexualidade das mulleres se suman os existentes sobre o colectivo de persoas con discapacidade." explicou Eva Fernández da Asociación de mulleres con discapacidade de Galicia, que denunciou que Así, "as mulleres con discapacidade non son consideradas suxeitos desexados nin desexantes, son tratadas como nenas eternas e a súa sexualidade se atopa mais oculta e mais estigmatizada". Falou Eva Fernández do que definiu como "violencias específicas" que soportan as mulleres con discapacidades que non comparten nin coas mulleres nin cos homes con discapacidade polo que as súas demandas "veñen a sacar a luz ditas violencias interseccionais: non acceso igualitario os recursos de saúde sexual e reprodutiva, negación da experiencia da maternidade, violencia obstétrica, violencia sexual,..."

PLxH AyTP Pladesemapesga protecciondenunciante

Otros articulos relacionados.....
 Buscador Grupo Pladesemapesga con tecnología de Google

En el motor de búsqueda te ayudamos a encontrar exactamente lo que buscas.

 AyTP Acción y Transparencia Publica..

Ciudadanos (Cs) acusa al Gobierno de Xulio Ferreiro y denuncia el abandono del entorno de la Torre de Hércules.

Ciudadanos (Cs) acusa al Gobierno de Xulio Ferreiro y denuncia el abandono del entorno de la Torre de Hércules.

A Coruña, 20 Abril 2017. Ciudadanos (Cs) A Coruña denuncia la lamentable situación del entorno de la zona de la Torre de Hércules por falta de mantenimiento.