Información
Galicia

"Os Mariachi", a nova serie da TVG estréase no OUFF

Información
04 Diciembre 2018 347 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

  • Trátase dunha comedia protagonizada por Manuel Manquiña e Morris.
  •  
  • Está ambientada na comarca ourensá do Ribeiro.

O Ourense Film Festival vaise de estrea este luns. Tralo éxito da presentación de "Lobos e Cordeiros" a semana pasada cun Teatro Principal cheo ata a bandeira, esta noite volven as ficcións da TVG á programación. Porque nesta 23 edición do OUFF fálase de cine pero tamén de series.

"Os Mariachi" é unha serie de situación ambientada na actualidade na comarca do Ribeiro. A ficción, con guión de Carlos Ares, Xose Castro e Andrés Mahía, retrata en clave de humor a rivalidade entre dúas familias que, aparentemente, non teñen nada en común: un recto notario e os seus veciños os Mariachi, descendentes de emigrantes mexicanos cun estilo de vida... un tanto desordenado.

Esta comedia, "humana e moi divertida" en palabras de Carlos Ares, está protagonizada por Manuel Manquiña, Antonio Durán "Morris", Patricia Vázquez, Federico Pérez Rey, Marcos Pereiro, Cristina Andrade, Marita Martínez e Lucía Veiga, entre outros. Parte do seu elenco acudirá esta noite ao Teatro Principal, onde se poderá ver o primeiro capítulo desta serie a partires das 22:30 horas.

lineaazul 1600

Otros articulos relacionados.....

O Polígono Industrial de Bértoa acolle o domingo 17 de febreiro,...

O Executivo Provincial achega preto de 6.000 euros para promover...

El Instituto Cervantes celebrará el próximo lunes, 18 de febrero...

Encontro feminista de alcaldesas, tenentes de Alcaldía, concelleiras,...