Información
Galicia

O Consorcio contra incendios aproba o orzamento para 2019, que ascende a 4.302.000 euros ao que ai que smar centos de millóns de contratos e convenios do PPdeG na Xunta

Información
04 Diciembre 2018 298 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

O Pleno do Consorcio provincial de Ourense para o servizo contra incendios e de salvamento celebrado esta mañá no Pazo Provincial aprobou os orzamentos da entidade para o ano 2019, que ascenden a un importe total de 4.302.000 euros. "Os presupostos pretenden continuar na nosa liña de traballo, de mellora na prestación dos servizos do Consorcio ás emerxencias que acontezan na nosa provincia, a través da incorporación de novas adquisicións á dotación material e técnica da entidade, da mellora na oferta formativa ao persoal e tendo como máximas a planificación, a previsión e a innovación", explicou o presidente do Consorcio Provincial, Pablo Pérez.

 

Neste sentido cabe destacar que a partida do orzamento máis relevante está destinada para edificios, maquinaria, instalacións técnicas e utensilios, así como para estudos e traballos técnicos necesarios para o desenvolvemento das actividades propias do Consorcio. "Ao longo do 2018 puxemos en marcha o mapa de emerxencias provincial, implantamos métodos pioneiros en materia de rescate, abriuse o parque de bombeiros do Carballiño, e coa posta en funcionamento dos catro parques ao 100%, logramos un salto de calidade importante na atención ás emerxencias de Ourense, e esa continuará a ser a nosa folla de ruta para o vindeiro ano", explicou o presidente do Consorcio.

Nese balance de actuacións realizadas polo Consorcio durante o ano 2018, Pablo Pérez explicou que o número de intervencións do parque de bombeiros da Limia ascende ás 131, o parque de bombeiros de Valdeorras a 156, o da comarca de Verín ascende ás 180, e o parque de bombeiros do Carballiño – O Ribeiro é o que maior número de intervencións realizou durante este ano chegando ás 268. "En total, o Consorcio realizou 675 intervencións o que o sitúa e consolida como "o eixo vertebrador das emerxencias provinciais", sinalou o presidente do Consorcio.

Outro dos temas aprobados –explicou Pablo Pérez- foi a devolución das achegas feitas de máis por tres concellos: San Cristovo de Cea, Maside e Punxín, así como reclamarlle as cantidades correspondentes ás débedas non prescritas a catorce concellos da provincia.

Ademais do presidente do Consorcio Provincial de Ourense, tamén estiveron no Pleno a delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira; o deputado provincial, Francisco José Fraga; o alcalde do Larouco, Joaquín Bautista Prieto; o secretario do Consorcio, Juan Marquina; a tesoureira do Consorcio, Begoña Álvarez; e o director xeral de Emerxencias e Interior, Luís Menor, "que participou no seu último pleno do Consorcio e a quen lle agradecemos o seu labor ao longo destes anos de servizo", salientou Pablo Pérez.

Mar Sanchez Sierra, asesora personal de Feijóo ... - Xornal Galicia

www.xornalgalicia.com › Galicia › Noticia destacada de Galicia › Xunta de Galicia
29 jul. 2018 - En las reuniones durante varios días altos cargos del PPdeG con las familias .... Ver la verdadera trama y negocio a la sombra de los incendios ...

Incendios: Tras el fantasma del terrorismo incendiario: tres décadas ...


https://www.elconfidencial.com/.../incendios-galicia-terrorismo-provocado-pruebas_1...
21 oct. 2017 - Feijóo insiste en la trama organizada que ya se denunciaba en 1990, ... Para eso estaban las Nuevas Generaciones del PP de Galicia, cuyo ...
 
Cual serpiente de verano, volvió la teoría de una trama organizada que explique las oleadas incendiarias en Galicia. La mayor oleada de incendios que se ...
 

trama incendiaria - Praza Pública

praza.gal/.../de-romay-a-feijoo-pasando-polo-bipartito-35-anos-a-...

O estudo do Parlamento sobre os incendios de 2017 tamén desbota a ...

praza.gal/.../o-estudo-do-parlamento-sobre-os-incendios-de-2017...

lineaazul 1600

Otros articulos relacionados.....

Con previsión de vientos flojos a moderados que además se harán...

20.03.2019.- As bases que rexen o certame pódense consultar no...

El próximo sábado 27 de Abril de 2019 a las 15.00 horas arrancará...

Preto de 20 colectivos galegos responderon ao chamado da...

lineaazul 1600