Información
Galicia

OS SOCIALISTAS PROPOÑEN MOBILIZAR 402 MILLÓNS DE EUROS DOS ORZAMENTOS DA XUNTA PARA REFORZAR SERVIZOS PÚBLICOS E IMPULSAR A ACTIVIDADE ECONÓMICA E A CREACIÓN DE EMPREGO ABANDONADOS POR FEIJOO

Información
12 Noviembre 2018 120 votos

O portavoz do Grupo Socialista, Xoaquín Fernández Leiceaga, presentou hoxe as emendas de devolución aos Orzamentos da Xunta e á Lei de Acompañamento, porque “non responden ás necesidades da cidadanía”. Os socialistas propuxeron ademais mobilizar 402 millóns de euros para centrar a actuación da Xunta no reforzo dos servizos públicos e impulsar a actividade económica e a creación de emprego.

O portavoz socialista explicou a emenda transversal, coa que propón modificar partidas orzamentarias para establecer novas prioridades de gasto. En materia de Servizos Públicos, os socialistas reclaman en primeiro lugar o reforzo dos recursos da Sanidade Pública, así como un fondo para garantir a estabilidade laboral, ademais de afrontar as infraestruturas pendentes, logo de que, lembrou, os 70 centros de saúde que prometera Feijóo quedaran “en nada”.

 

Propuxo tamén máis persoal e atencións adecuadas para atención primaria, e diversas actuacións concretas como un Plan de Atención Primaria ou un Plan de Saúde Mental, que atendan ás principais eivas provocadas polos recortes aplicados polo PP.

En materia de Educación, os socialistas propoñen o reforzo do persoal dos centros educativos de Galicia e reforzar servizos como o de comedor, ademais de implantar un plan de prevención do fracaso escolar e un programa para que os alumnos de secundaria do ensino público poidan desprazarse ao estranxeiro “nas mesmas condicións que os estudantes da concertada”.

En materia universitaria, propuxo destinar 9 millóns de euros para implantar a gratuidade da primeira matrícula, mantendo ao tempo as bolsas de posgrao complementarias ás que concede o Ministerio.

Tamén apuntan a reforzar a Política Social, sinaladamente o reforzo da Rede Galega de Atención Temperá, apoiando ademais ás familias con menores a cargo e escasos recursos. Fernández Leiceaga reivindicou a construción das residencias públicas comprometidas polo presidente da Xunta e que foron excluídas dos orzamentos para o próximo ano.

Economía

O segundo gran eixo das propostas está centrado no crecemento económico e a creación de emprego, apuntando en primeiro lugar unha inxección de 140 millóns de euros adicionais para o reforzo das infraestruturas, dirixidos fundamentalmente á execución do Plan Move, logo de que o presidente da Xunta admitira o seu incumprimento. Apuntou á perda de peso das infraestruturas nos orzamentos de 2019, evidenciando que a conselleira responsable “perde no plano interno”.

Os socialistas galegos levarán ao debate orzamentario a súa proposta para a gratuidade das peaxes competencia da Xunta, con 9 millóns de euros para avanzar na gratuidade das autoestradas A Coruña – Carballo e Vigo – Baiona. Tamén propoñen estender a todo o territorio a gratuidade do transporte regular de viaxeiros para mozos e mozas, que actualmente limítase ás cidades.

As propostas en materia de impulso económico complétanse co reforzo do I+D+i, a internacionalización da economía ou apoio aos sectores con máis problemas de precariedade laboral, como son os mozos e mozas, as mulleres e os parados de longa duración.

Fernández Leiceaga sinalou ademais as propostas en materia de sustentabilidade para garantir o saneamento das rías, ben con actuacións directas ou a través do financiamento das Edares, co caso “imperdoable” do esquecemento da depuradora de Santiago nos orzamentos para 2019. Tamén reclama duplicar a dotación para a Real Academia Galega, o que suporá apenas 400.000 euros adicionais para permitirlle co papel que ten establecido dentro da Comunidade Autónoma.

Fondos adicionais

O portavoz socialista explicou que as modificacións de prioridades de ingresos e gastos das emendas socialistas supoñen mobilizar 402 millóns de euros, aumentando en 300 os ingresos previstos, en primeiro lugar, con 140 millóns adicionais derivados de aumentar o déficit autorizado en dúas décimas sobre o PIB. Ademais, prevén aumentar a progresividade fiscal para dar paso a unha política de ingresos propios “non tan conformista como a da Xunta”.

O obxectivo, dixo, é que “pague máis quen máis ten”, incrementando a progresividade no IRPF e mantendo os tipos do imposto de Patrimonio que a Xunta quere reducir, e que na práctica supón “regalarlle” 1.600 euros a cada un dos 8.000 contribuíntes que en Galicia teñen máis de 700.000 euros de patrimonio.

Tamén propuxo seguir a senda marcada por outras autonomías á hora de aplicar tributos medioambientais, como é o caso de instalacións que producen impacto medioambiental, como é o caso da telefonía móbil ou ás eléctricas. Defendeu aumentar tipos como o a auga encorada, que está conxelado, e que afectaría ás produtoras eléctricas ou aquelas que producen contaminación atmosférica.

Estas medidas, que suporían un aumento de 300 millóns de ingresos, veríanse complementadas pola redución de 100 millóns de gastos superfluos do goberno galego, sinaladamente no persoal de gabinete, con consellerías que gastan máis en asesores que en persoal directivo, así como a redución de gastos de publicidade e propaganda, moitas veces “oculto no investimento inmaterial”.

Lei de Acompañamento

O portavoz socialista reclamou a devolución da Lei de Acompañamento aos orzamentos que, advertiu, será a única Lei que pretende aprobar Feijóo no ano 2018, agás a Lei de Orzamentos, para modificar un total de 35 leis de 17 campos diversos, dende o tributario ao forestal, e outras 164 disposicións administrativas.

Censurou que Feijóo pretenda modificar dunha tacada ese volume de leis cun procedemento que debera ser excepcional e que vai contra a doutrina do Tribunal Constitucional. Criticou o que considera unha “falla de respecto ao Parlamento” para levar adiante cambios lexislativos sen os controis previos nunha práctica que reduce a transparencia e a seguridade xurídica

baner denuncia sistemajudicialcorruptoO sistema xudicial é pouco confiable segundo a maioría dos españois. Esta malfunción débese, principalmente, á impunidade dos funcionarios (policías, fiscais e autoridades xudiciais) e dos profesionais privados: avogados, procuradores e os colexios profesionais de ambos.
Esta disfunción xudicial esnaquiza a vida de demasiadas vítimas e ANVIPED foi creada en 2014 para defenderlles e así acabar con esta impunidade da que deriva o seu mal funcionamento.
Debemos crear asociacións para defendernos da "violencia que exerce o Estado" (Foro Social Mundial, 2011) Os xuíces españois case nunca cumpren a lei, polo que só traballamos en casos que incumplan leis europeas (dereito comunitario) para levalos ao Tribunal de Xustiza Europeo...(+)   ¡¡¡ Únete a nos !!!


 


Otros articulos relacionados.....