Información
Galicia

Unha vez mais os galegos e galegas pola "mala xestión do Sergas que dirixe o PPdeG" obligados a indemnizar a unha paciente que sofre parálise facial por unha operación no Meixoeiro

Información
08 Noviembre 2018 98 votos

A Sección Primeira da Sala do Contencioso-administrativo do TSXG confirmou que o Sergas debe indemnizar con 99.644 euros a unha paciente que sofre unha parálise facial avanzada debido á lesión dun nervio provocada durante unha operación no hospital Meixoeiro de Vigo en xaneiro de 2009. A muller foi intervida cirurxicamente porque sufría hipoacusia bilateral (unha incapacidade para detectar sons nos oídos, ben sexa parcial ou totalmente). O tribunal desestimou os recurso de apelación interpostos polo Sergas e Segurcaixa Adeslas e confirmou a sentenza emitida polo Xulgado do Contencioso-administrativo número 2 de Vigo en febreiro deste ano.
Foto.- Rafael Millán Calenti, letrado del Sergas.

Os maxistrados rexeitan no fallo a solicitude de prescrición do Sergas, pois subliñan que, desde que se estabilizaron e consolidaron as secuelas ata que a afectada presentou a reclamación, en outubro de 2014, non transcorreu o prazo dun ano ao que se refire a Lei 30/1992. “Os prexuízos non puideron ser determinados no momento da intervención cirúrxica”, recalcan os xuíces, polo que consideran que o prazo para presentar a reclamación debe contabilizarse desde o día no que se coñeceron definitivamente os efectos das secuelas. O tribunal considera acreditado que tanto o déficit auditivo como a funcionalidade da parálise facial “evolucionaron e se alteraron” desde a operación, en 2009, ata o 6 de outubro de 2014, cando se deron por estabilizados.


Attachments:
FileDescriptionFile size
Download this file (AP 171-18.pdf)AP 171-18.pdf 301 kB


O TSXG tamén rexeitou diminuír a contía dos días non impeditivos, o que comportaría unha rebaixa na indemnización por este concepto, tal e como demandaba o Sergas. “Están debidamente xustificados os 2.070 días non impeditivos polos que a sentenza outorga os 65.060 euros solicitados, que teñen a súa base no baremo de circulación de vehículos de motor”, indican os xuíces, que subliñan que á hora de calcular a indemnización hai que ter en conta a imposibilidade de corrección da parálise facial, a súa visibilidade e a súa afectación directa na área da faciana.


El TSXG confirma que el Sergas debe indemnizar con 100.000 euros a una paciente que sufre parálisis facial por una operación en el Meixoeiro

8/11/2018.- La Sección Primera de la Sala de lo Contencioso-administrativo del TSXG ha confirmado que el Sergas debe indemnizar con 99.644 euros a una paciente que sufre una parálisis facial avanzada debido a la lesión de un nervio provocada durante una operación en el hospital Meixoeiro de Vigo en enero de 2009. La mujer fue intervenida quirúrgicamente porque sufría hipoacusia bilateral (una incapacidad para detectar sonidos en los oídos, bien sea parcial o totalmente). El tribunal ha desestimado los recurso de apelación interpuestos por el Sergas y Segurcaixa Adeslas y ha confirmado la sentencia emitida por el Juzgado de lo Contencioso-administrativo número 2 de Vigo en febrero de este año.



Los magistrados rechazan en el fallo la solicitud de prescripción del Sergas, pues subrayan que, desde que se estabilizaron y consolidaron las secuelas hasta que la afectada presentó la reclamación, en octubre de 2014, no transcurrió el plazo de un año al que se refiere la Ley 30/1992. “Los perjuicios no pudieron ser determinados en el momento de la intervención quirúrgica”, recalcan los jueces, por lo que consideran que el plazo para presentar la reclamación debe contabilizarse desde el día en el que se conocieron definitivamente los efectos de las secuelas. El tribunal considera acreditado que tanto el déficit auditivo como la funcionalidad de la parálisis facial han ido “evolucionando y alterándose” desde la operación, en 2009, hasta que el 6 de octubre de 2014 se dieron por estabilizados.



El TSXG también ha rechazado disminuir la cuantía de los días no impeditivos, lo que conllevaría una rebaja en la indemnización por este concepto, tal y como demandaba el Sergas. “Están debidamente justificados los 2.070 días no impeditivos por los que la sentencia otorga los 65.060 euros solicitados, que tienen su base en el baremo de circulación de vehículos de motor”, indican los jueces, quienes subrayan que a la hora de calcular la indemnización hay que tener en cuenta la imposibilidad de corrección de la parálisis facial, su visibilidad y su afectación directa al área del rostro.



Otros articulos relacionados.....
esafsqarhyazeubebgcazh-CNzh-TWhrcsdanlenettlfifrglkadeelhtiwhihuisidgaitjakolvltmkmsmtnofaplptrorusrskslswsvthtrukurvicyyi