Información
Galicia

Noela Blanco censura a “actitude máis propia dunha mafia okupa que dunha administración” que en lugar de “velar polos dereitos dos galegos e galegas” en realidade “os está acosando”

Información
07 Noviembre 2018 77 votos

A deputada socialista Noela Blanco esixiu hoxe o cese da secretaria xeral de Facenda e do subdirector de Patrimonio da Xunta de Galicia logo de ter sido procesados por un presunto delito de acoso inmobiliario contra unha muller de 93 anos de Ourense. Presentou unha pregunta oral pola situación desta muller á que lle deixaron de realizar o mantemento do inmoble no que residía e deixaron sen ascensor ata que rompeu a cadeira.

 

Blanco cualificou de “indignante e vergoñento” o conselleiro de Facenda defendera hoxe, como previamente fixera o presidente da Xunta, unha actitude de “presunto acoso inmobiliario” e dunha “actitude máis propia dunha mafia okupa que dunha administración”. Advertiu que “non poden seguir velando polos dereitos dos galegos e das galegas quen presuntamente os está acosando”.

A responsable socialista reclamou así o “cese inmediato” dos altos cargos implicados na denuncia presentada polo fiscal xefe de Ourense, que vén de ser admitida a trámite iniciando o xuízo contra estes dous altos cargos por empregar “calquera vía” para botar á anciá do edificio. A dita denuncia incorpora un rexistro notarial sobre a situación do inmoble e acusa ao goberno galego por intentar a “intimidación sen contraprestación, indemnización nin proposta de acordo”.

Explicou que se o Executivo quere desafiuzar aos inquilinos do inmoble debe facelo pola vía dun acordo “con tranquilidade e respecto, non dunha negociación de David contra Goliath”, e reclamoulles que “non nos tomen o pelo”. Neste sentido lembrou que o ascensor do inmoble foi clausurado dende febreiro, nove meses nos que presuntamente o goberno leva agardando por “unha peza” que, preguntou en sentido irónico “que é, de Svarovski?”.

A muller afectada por esta actitude, explicou, residía nunha vivenda alugada á Cámara de Comercio de Ourense en 1963, nun edificio que foi adquirido pola Xunta trala extinción das antigas Cámaras da Propiedade Urbana no ano 99.

A partir de aí comezaron os intentos de que deixara a vivenda para recuperar o uso completo do edificio, chegando a que a vivenda quedou sen ascensor dende xaneiro de 2018, e finalmente, en xullo, a muller rompía a cadeira, víndose efectivamente obrigada a abandonar o edificio.



Otros articulos relacionados.....
esafsqarhyazeubebgcazh-CNzh-TWhrcsdanlenettlfifrglkadeelhtiwhihuisidgaitjakolvltmkmsmtnofaplptrorusrskslswsvthtrukurvicyyi