Información
Galicia

Alborada en Buenos Aires, composto por Xosé Lois Foxo, estrearase no concerto que a formación musical ofrecerá no Teatro Avenida da capital bonaerense

Información
07 Noviembre 2018 261 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

A Real Banda de Gaitas da Deputación de Ourense estreará en Arxentina a composición Alborada en Buenos Aires, un tema composto polo director desta formación musical, Xosé Lois Foxo, en homenaxe aos emigrantes galegos en Bos Aires. Estrearase no concerto que a Real Banda ofrecerá no Teatro Avenida da capital bonaerense o 13 de novembro, dentro do repertorio de composicións galegas e música arxentina que ofrecerá ao público neste emblemático teatro, entre as que figuran: Farruquiña Chaman á porta dos gaiteiros de Soutelo de Montes, Reencontro, Cantares de España, Suite de Cantares Galegos, Concerto de Aranjuez (solista Marco Foxo), Mo Li Hua, Alborada de Veiga e Muiñeira de Chantada, Cantigas de Ourense, Muiñeira de Wojtyla, Suite de Tangos, Himno Galego e Himno de Ourense.

 

A viaxe da Real Banda de Gaitas a Arxentina enmárcase nas actividades con motivo da entrega do premio Ourensanía 2018 ao Centro do Partido do Carballiño en Bos Aires e ao Centro Ourensano de Montevideo, que terá lugar o vindeiro domingo, 11 de setembro, un galardón que recoñece o labor destas dúas institucións promover a Ourensanía na colectividade galega de ámbolos dous países. Ademais, a Real Banda de Gaitas ofrecerá concertos no Centro Galicia de Bos Aires e no Centro Ourensán de Montevideo.

Esta tarde, ás 21.00 horas, na Escola de Gaitas da Deputación de Ourense, a Real Banda realizará o último ensaio antes de viaxar a Arxentina, ensaio no que presentará a composición Alborada en Buenos Aires.

lineaazul 1600

Otros articulos relacionados.....


Esquema dos conos proxectados durante unha eclipse. Foto:...

PECHADO O CUARTO DE CONTENCIÓN
Días antes de que no Obelisco...

Esta mañá presentouse na sala de reunións da casa do Concello...

El próximo domingo 20 de enero el Club Waterpolo Pontevedra se...