Información
Galicia

Non terán axudas aos libros nen ao comedor, os nenos de Láncara pero si terán un parque totalmente renovado grazas aos cartos Deputación....?

Información
02 Noviembre 2018 261 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1
Campos Conde e Piñeiro López supervisaron o resultado dos traballos desta dotación pública da que se benefician todos os rapaces do municipio

O Presidente destacou que “a través desta nova colaboración entre administracións, buscamos incrementar a prestación de servizos públicos que ofrecemos aos veciños, neste caso, aos máis cativos”

O Alcalde destacou que “melloramos un dos espazos centrais do núcleo urbano do Concello, construíndo un lugar de convivencia entre grandes e pequenos nun mesmo espazo, xa que lindando con este espazo infantil se atopa o parque biosaudable”

O Presidente da Deputación, Darío Campos Conde, e o Alcalde de Láncara, Darío Piñeiro López, supervisaron o novo parque infantil de Edizlo do que desfrutan os nenos lancareses que financiou o Executivo Provincial cunha achega de 50.000 euros. Tratábase dun espazo  público antigo e que se atopaba bastante deteriorado, debido ao paso do tempo dende a súa instalación e que agora está totalmente renovado.  

Campos Conde destacou que “a través desta nova colaboración entre administracións, buscamos incrementar a prestación de servizos públicos que ofrecemos aos veciños, neste caso, aos máis cativos. Agora, os rapaces de Láncara contan cun espazo totalmente renovado e que dispón, entre outros, de novos balancíns, tobogáns e ata unha tirolina. Ademais, facemos que o parque sexa máis seguro pois dotámolo dun pavimento continuo de goma para que en caso de caídas, os rapaces poidan ter un menor risco de danarse”.

O Alcalde de Láncara agradeceu a colaboración da Deputación por colaborar nun proxecto “co que buscamos a mellora dun dos espazos centrais do núcleo urbano do Concello, construíndo  un lugar de convivencia entre grandes e pequenos nun mesmo espazo, xa que lindando con este espazo infantil se atopa o parque biosaudable”.

Novos xogos no parque Edizlo
O novo parque de Láncara conta cunha tirolina composta por unha estación de inicio e outra de chegada, cunha plataforma con desnivel. Ademais, dispón dun cable de deslizante con freos e cadeira de suspensión. Hai tamén unha estrutura para nenos de 6 a 10 anos e outra de 0 a 6. Ambos os dous espazos contan con xogos adaptados. Hai tamén balancíns, 1 deles con cuna

El comedor escolar del IES Basanta Silva lleva dos días sin ...

https://www.elprogreso.es/.../a.../comedor-escolar.../201809201158301334382.html

20 sept. 2018 - El comedor escolar del IES Basanta Silva de Vilalba inició el nuevo ... "Es un poco angustiante estar con tantos niños sin saber si vas a tener comida. ... dos Ollos Grandes de Lugo no hubo servicio de comedor, pero sí ayer.

lineaazul 1600

Otros articulos relacionados.....

Destacado Campionato de Galicia de lanzamentos longos Sub16/18/20...

El 22 de febrero, Lume de Biqueira, la banda de gaitas...

A Marinha realiza no próximo dia 19 de fevereiro, na Esquadrilha...

O secretario Xeral da CIG, Paulo Carril, compareceu esta mañá...