O pasado mércores 25 puidemos apreciar en distintos medios escritos, a
resposta que daba a Xunta de Galicia, a través da Consellería de Presidencia,
ao respecto das alusións que facía a representación legal dos traballadores dos
parques de Bombeiros de O Morrazo, Porriño e de Salnés, no tocante á
descoordinación que se apreciou no sinistro de Fandicosta entre os distintos
corpos de extinción de incendios intervintes.
Segundo a Xunta de Galicia, parece que non é comprensible que se producira
esa descoordinación dado que se fixo entrega por parte da entidade
autonómica, de 56 terminais de comunicación (basicamente emisoras de radio)
ao Consorcio ao que pertencen os parques denunciantes, e que segundo
asegura a Xunta están operativos dende o pasado 11 de febreiro.
Dende a Mesa Intersindical de Bombeiros, logo de contrastar diversas fontes, e
en apoio ao colectivo de bombeiros que prestan os seus servizos para o
Consorcio Provincial de Extinción de Incendios e Salvamento de Pontevedra, a
través da empresa concesionaria MATINSA, queremos manifestar o seguinte:
1º. Estamos de acordo coa postura da Xunta no tocante a que Presidencia, fixo
entrega ao Consorcio dos 56 equipos citados.
2º Estamos de acordo con que a Xunta pretenda que a rede TETRA dea
cobertura a todo o territorio autonómico e que busque dar cobertura a
distintos corpos entre si.
Pero coa mesma tamén consideramos de interese subliñar o seguinte:
3º A rede TETRA na que está a investir cifras multimillonarias a Xunta de
Galicia, é unha tecnoloxía que ten xa máis de 10 anos.
4º. A adquisición dos equipos, e o contrato de mantemento aparellado vai a
cargo de VEICAR, S.L., empresa concesionaria que está xestionar 12 dos 19
parques de bombeiros privatizados dos que participa a Consellería de
Presidencia, nas provincias de A Coruña, Lugo e Ourense.
5º. Como o resto de inversións millonarias que fai a Xunta de Galicia para a
adquisición de material para emerxencias, ningún deses equipos se mercou
tendo en conta as necesidades do persoal, e moito menos a súa opinión.
6º. Dende o primeiro momento, os corpos de bombeiros advertiron que os
terminais TETRA adquiridos, poden resultar moi axeitados para policías,
equipos sanitarios, protección civil, etc. Pero no para bombeiros polas
seguintes razóns:
? Non se trata de equipos ATEX (acróimo de A Tm osphere
EXp losive) o que impide o seu emprego en atmosferas
explosivas, ou susceptibles de selo. Calquera incendio en interior
(vivendas, naves, locais, etc.) é susceptible de considerarse
afectado por unha atmosfera explosiva. Ao amparo da Lei de
Prevención de Riscos Laborais, e segundo informes de inspección
laboral, temos que calquera aparello electrónico empregado polos
equipos de extinción nun incendio en interiores, debe
necesariamente cumprir coa normativa ATEX.
? Os cascos empregados polos bombeiros do Consorcio de
Pontevedra, dispoñn de intercomunicadores que eran compatibles
cos antigos equipos de radio, pero non cos terminais TETRA
provistos pola Xunta. Estes intercomunicadores, permiten que os
bombeiros poidan comunicarse sen necesidade de deixar as
tarefas de extinció ou rescate. Ao non ser compatibles os equipos,
e non vir dotados do intercomunicador compatible, o profesional
vese na obriga de ter que paralizar as acciós de extinció ou
rescate para poder interactuar coa emisora de radio, que ata o
momento de empregala deberáestar protexida nun peto para
evitar danos ou a perda do mesma.
? Para que no medio dunha intervenció (en condiciós de
visibilidade minguada, con equipo de protecció respiratoria,
protecció témica, luvas multicapa, etc) se poida pasar a falar, a
travé de terminais TETRA con outro equipo de intervenció doutro
parque, faise preciso premer botós nun teclado, ao igual que
haberí que facelo cun teléono móil. Isto éimpracticable no
medio dunha actuació.
E posible que parte destes motivos, foran os que levaran ao parque de
Bombeiros de Vigo, a non recoller o suposto “egalo”de equipos TETRA que
pretendí facer a Xunta a de Galicia a dito colectivo.
Dende a Mesa Intersindical queremos remarcar novamente, que o feito de que
a descoordinació amosada en Fandicosta, asícomo noutros operativos no que
foi precisa a intervenció de distintos corpos, non se debe unicamente aos
problemas intrísecos das emisoras, senó que vai más aló A existencia, por
exemplo, dun mando úico recoñcido polos diferentes grupos intervenientes,
que coordinara a actuació dos profesionais, farí que o problema das
emisoras fora o menor de todos.
A DESCOORDINACIÓN DOS CORPOS DE BOMBEIROS NO INCENDIO
DE FANDICOSTA SOMETIDA A PLENO NO PARLAMENTO
A nacionalista Tereixa Paz, levou onte a pleno no Parlamento de Galicia, o
problema da descoordinación que viviron os profesionais de extinción de
incendios durante o incidente de Fandicosta. Tereixa Paz presentou unha
proposición non de Lei para o seu debate no Pleno, relativa á eventual
descoordinación do dispositivo de emerxencias na intervención no incendio de
Fandicosta en Moaña e da necesidade de revisión dos protocolos de actuación
por parte da AXEGA nos grandes sinistros, co fin de:
a) Analizar o funcionamento do dispositivo de emerxencias, as causas
que provocaron a falta de coordinación e se as decisións da AXEGA foron
as adecuadas.
b) Avaliar o cumprimento dos protocolos e no seu caso a necesidade de
introducir modificacións nestes para evitar estes reiterados erros e
disfuncións e mesmo a oportunidade de modificar o modelo.
c) Determinar, e no seu caso depurar, as responsabilidades nestes feitos
concretos.
Pola súa banda, e dando a cara por parte da Xunta, entidade da que depende a
AXEGA (Axencia Galega de Emerxencias), que supostamente coordinou o
operativo de Fandicosta, o vicepresidente Alfonso Rueda, desviou a atención ás
deputacións, e negou que o 112 impedira a saída dos bombeiros de Vigo, sen
entrar a respostar a ningunha das solicitudes lanzadas dende a bancada
nacionalista relativas ao incendio da nave de Moaña.
O que si fixo o señor Rueda, foi tentar de “encirrar” ao colectivo de bombeiros
de xestión privada, reincidindo en varias ocasións, no feito de que logo de 4
meses, as deputacións de Lugo, Coruña e Pontevedra non presentaran a día de
hoxe unha proposta formal para o rescate do servizo de extinción de incendios
e salvamento, postura esta, a do vicepresidente, que a esta Mesa Intersindical
lle resulta moi curiosa, dado de que a Xunta leva máis de 90 meses sen dar
cumprimento ás obrigas que lle impón a Lei de Emerxencias ao goberno
autonómico (concretamente á consellería que lidera Alfonso Rueda), e que os
bombeiros levan anos demandando e incluso mantendo unha folga que xa é
das máis duradeiras de España no sector.