Información
Galicia

O CONCELLO DE NIGRÁN E PRADO SURF ÚNENSE Á XORNADA DE LIMPEZA SIMULTÁNEA DE PRAIAS EN TODA GALICIA CAPITANEADA POR ADEGA

Información
21 Octubre 2018 381 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

IMG 8558O Concello de Nigrán súmase por segundo ano consecutivo, e nesta ocasión con Prado Surf, á oitava xornada de limpeza simultánea de praias capitaneada pola asociación ecoloxista Adega. Así, a praia de Patos formará parte este sábado da vintena de areáis de toda Galicia no que se intervirá.

 

As limpezas de praias son actos simbólicos, nos que non se debe ver ao voluntariado como man de obra barata para deixar limpos os areais. Son actividades de concienciación e educación ambiental que permiten que a cidadanía coñeza a problemática dos residuos mariños, a súa procedencia e os impactos que causan, así como avaliar cales son as medidas que cada un de nós pode desenvolver para minimizar este problema. Tapóns, bolsas, anacos de redes ou de cordas de nailon, son exemplos de restos de orixe plástico que alén do seu impacto visual supoñen un perigo para a fauna e a flora mariña e mesmo representarían, pola súa transferencia trófica, un risco para os seres humanos.

O Concello de Nigrán, como xa ven facendo co 'Proxecto Ríos' de Adega, quere concienciar tamén sobre a importancia dos valores da nosa costa, a problemática da contaminación mariña e das algas invasoras ou a alteración do ecosistema, así como promover as medidas que cada cidadán pode levar a cabo para minimizar estes impactos.

lineaazul 1600

Otros articulos relacionados.....

Con previsión de vientos flojos a moderados que además se harán...

20.03.2019.- As bases que rexen o certame pódense consultar no...

El próximo sábado 27 de Abril de 2019 a las 15.00 horas arrancará...

Preto de 20 colectivos galegos responderon ao chamado da...

lineaazul 1600