Información
Galicia

A eficiencia enerxética e a influencia da luz no organismo humano.

Información
18 Octubre 2018 498 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

  • A Deputación de Ourense apoia este evento no que se analizan temas de eficiencia enerxética e a influencia da luz no organismo humano.

O maior evento de iluminación urbana e técnica de Galicia reúne no centro cultural "Marcos Valcárcel" da Deputación de Ourense a 150 participantes, nunha xornada técnica sobre iluminación saudable 4.0 na que técnicos e representantes institucionais e académicos debaten sobre as últimas novidades no sector. Na inauguración participou o vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; o alcalde de Ourense, Jesús Vázquez; o director xeral de Enerxía da Xunta, Ángel Bernardo; e o presidente do Comité Español de Iluminación, Fernando Ibáñez.

 

O evento, organizado polo Comité Español de Iluminación (CEI) e coorganizado pola Deputación de Ourense e o Concello de Ourense, ten como obxectivo abordar os novos retos da iluminación para a confluencia de eficiencia enerxética e tecnoloxía dixital con prestacións luminotecnias saudables, así como, analizar as novas tecnoloxías e a súa revolución na iluminación exterior a través de controis intelixentes e plataformas Smart.

A xornada aborda temas, destacou Fernández, "como as axudas para a renovación das instalacións de alumeado municipal, eficiencia enerxética nos contratos do sector público, a seguridade nas instalacións de iluminación exterior, e afonda na resposta tecnolóxica aos ritmos circadianos", referidos aos cambios físicos, mentais e de conduta que seguen un ciclo diario e que responden á luz e á escuridade no ambiente do organismo.

Asemade, a xornada prestará especial atención á revolución industrial da iluminación, pasando das luminarias tradicionais ás 4.0, nas que preocupa a eficiencia enerxética e a saúde das persoas.

lineaazul 1600

Otros articulos relacionados.....


Esquema dos conos proxectados durante unha eclipse. Foto:...

PECHADO O CUARTO DE CONTENCIÓN
Días antes de que no Obelisco...

Esta mañá presentouse na sala de reunións da casa do Concello...

El próximo domingo 20 de enero el Club Waterpolo Pontevedra se...