Información
Galicia

Alcalde de Láncara: “Dámoslle á Xunta(PPdeG) esta semana para restablecer a liña de transporte ou acudimos á Fiscalía”...

Información
16 Octubre 2018 179 votos

- Piñeiro López destacou que "Balseiro anunciou a semana pasada que restituiría a liña de transporte das 14:35h de Lugo a Pobra. Mentiunos, pois a día de hoxe os alumnos seguen viaxando no chan por non ter prazas no autobús"

- "O Goberno do PP, ademais de ser partícipe desta ilegalidade, está poñendo en perigo a vida dos alumnos e do resto de pasaxeiros. Isto non o imos permitir. Ou reaccionan ou convocaremos un Pleno Extraordinario para ir xuntos á Fiscalía"

- Socialistas e veciños pediron en reiteradas ocasións á Xunta que recuperara a liña de bus. O fixeron nun Pleno coa recollida de 400 firmas de veciños, por vía telefónica e incluso por correo electrónico, pero non obtiveron resposta algunha


Láncara, 16 de outubro de 2018.- O Alcalde de Láncara, Darío Piñeiro López, avanzou este martes que lle dá un ultimato de unha semana á Xunta de Galicia para que restableza a liña de transporte Lugo-Láncara. "De non facelo convocaremos un Pleno Extraordinario no que abordar este asunto de máxima prioridade para os nosos veciños, pois se está poñendo en perigo a vida dos rapaces, e acudir xuntos á Fiscalía para denunciar esta situación".

Piñeiro López criticou que "o señor Balseiro anunciou a semana pasada que restituiría a liña de transporte das 14:35 horas que une Lugo e a Pobra de San Xiao e que anteriormente eliminou en contra da opinión de todo o pobo. Mentiunos de maneira descarada, intentando enganar aos veciños, pois a día de hoxe os rapaces seguen a ter os mesmos problemas, viaxando no corredor e no chan por non ter prazas suficientes no autobús. O Goberno do PP, ademais de ser partícipe desta ilegalidade, está poñendo en perigo a vida dos alumnos e do resto de pasaxeiros. Isto non o imos permitir".

O PP non atende as reclamacións dos veciños

Socialistas e veciños pediron en reiteradas ocasións ao Goberno galego do PP que recuperara a liña de bus de Lugo a Láncara. O fixeron nun Pleno ordinario coa recollida de 400 firmas de veciños, por vía telefónica e incluso por correo electrónico pero non obtiveron resposta algunha.


1liña de autobús eliminada pola Xunta

Anteriormente existían dúas liñas de transporte dende Lugo a Láncara, unha que saía ás 14:30 e outra ás 15:30 horas, pero o Goberno Autonómico decidiu eliminar a primeira. Ademais da gravidade de ter que ir sentados no chan, os socialistas denuncian que os alumnos teñen que esperar unha hora dende que saen dos seus institutos, de 14:30 a 15:30 horas, cando antes estaba coordinado o traxecto co horario de entrada e saída das aulas.



Otros articulos relacionados.....
esafsqarhyazeubebgcazh-CNzh-TWhrcsdanlenettlfifrglkadeelhtiwhihuisidgaitjakolvltmkmsmtnofaplptrorusrskslswsvthtrukurvicyyi