Información
Galicia

A CANDIDATURA UNITARIA ESTUDANTIL REVALIDA A SÚA REPRESENTACIÓN NO CONSELLO DE GOBERNO DA UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

Información
15 Octubre 2018 306 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

A Candidatura Unitaria Estudantil (CUE) logrou este luns día 15 de outubro a elección de 8 representantes no Consello de Goberno da Universidade de Santiago de Compostela no marco do primeiro Claustro celebrado tras a elección do profesor Antonio López como reitor. Estes 8 membros correspóndense cos 8 representantes escollidos polo Campus de Santiago, restando un representante independente polo Campus de Lugo. Así mesmo, a CUE logrou representación na Mesa do Claustro, na Comisión Electoral Central e nas comisións de Investigación, Normalización Lingüística, Titulacións, Actividades Culturais e Desenvolvemento Estatutario.

 

A CUE revalida así a o seu papel como representación unitaria do estudantado da USC, levando ao Claustro e aos diferentes órganos da universidade a forza acumulada polo movemento estudantil compostelán durante os últimos anos. A CUE reafírmase así na súa vontade de exercer de enlace entre institución e movemento co obxectivo de acadar e concretar melloras necesarias para o día a día do estudantado da USC.

Nacida das asembleas que convocaron as mobilizacións dos cursos pasados, as candidaturas das distintas facultades foron construídas de maneira democrática procurando integrar o maior número de sensibilidades existentes. Ademais, a CUE mantén relacións de estreita colaboración con outras asociacións a nivel de facultade como son Bota e Bata (Bioloxía), a Delegación de Alumnos de Física, a Asociación de Farmacéuticos Empoderados e a Candidatura Unitaria de Educadoras.

lineaazul 1600

Otros articulos relacionados.....


Esquema dos conos proxectados durante unha eclipse. Foto:...

PECHADO O CUARTO DE CONTENCIÓN
Días antes de que no Obelisco...

Esta mañá presentouse na sala de reunións da casa do Concello...

El próximo domingo 20 de enero el Club Waterpolo Pontevedra se...