Información
Galicia

Carolina Bescansa: "O caciquismo e a corrupción impiden o desenvolvemento económico de Galicia"

Información
14 Octubre 2018 163 votos

bescansaenourense 14 10 2018"necesitamos dun marco normativo que protexa aos denunciantes, que exclúa da contratación pública a aquelas empresas que teñen feito de corruptoras dos políticos".

"Un Podemos forte en Galicia significa un Podemos e unha Galicia forte fronte a corrupción"

 

Ourense. 14 de outubro. A candidata á secretaría xeral de Podemos Galicia, Carolina Bescansa participou esta mañá nunha charla coloquio con inscritos e militantes de Ourense na que quixo poñer de manifesto que "o caciquismo e a corrupción impiden o desenvolvemento económico de Galicia". Para Bescansa, "o caciquismo e a corrupción sempre son inmobilistas e non permiten facer a transformación do modelo produtivo nin a transición enerxética que necesitamos no país".

Carolina Bescansa quixo remarcar que "apostar polo desenvolvemento económico de Galicia significa apostar decididamente por loitar contra o caciquismo e a corrupción", e puxo de manifesto que "necesitamos dun marco normativo que protexa aos denunciantes, que exclúa da contratación pública a aquelas empresas que teñen feito de corruptoras dos políticos". Para Carolina Bescansa "Precisamos unha estratexia global de loita contra a corrupción".

A candidata á secretaría xeral de Podemos Galicia,  non quixo eludir no feudo de José Manuel Baltar unha profunda crítica ao caciquismo. "O desenvolvemento económico da Galicia interior pasa necesariamente pola loita contra os caciques e a corrupción. Os caciques e a corrupción necesitan o inmobilismo político e administrativo. Sen unha mobilización activa contra o caciquismo non haberá transformación do modelo produtivo da Galicia interior".

Carolina Bescansa fixo énfase no papel que debe xogar Podemos Galicia nesa loita, e sinalou que "se hai un acordo entre os caciques, os corruptos e os corruptores é que a forza política que mellor representa a loita contra a corrupción é Podemos. Un Podemos forte en Galicia significa un Podemos e unha Galicia forte fronte a corrupción".

O equipo de  Eu ❤ FuturoPara Galicia (Eu quero futuro para Galicia) terá unha nova reunión con inscritos, militantes e simpatizantes esta tarde en Verín. Ás 17:00 na cafetería O Souto dás Candeas

Santiago de Compostela

Por outra banda, a candidata á secretaría xeral de Podemos Galicia, Carolina Bescansa reuniu onte en Santiago de Compostela aos membros da súa candidatura Eu ❤ FuturoPara Galicia (Eu quero futuro para Galicia) antes da reunión con inscritos e militantes que se celebrou na capital galega



Otros articulos relacionados.....
esafsqarhyazeubebgcazh-CNzh-TWhrcsdanlenettlfifrglkadeelhtiwhihuisidgaitjakolvltmkmsmtnofaplptrorusrskslswsvthtrukurvicyyi