Información
Galicia

O Goberno de Carmela Silva descoñece o que oferta AMTEGA da Xunta de Galicia e entra de cheo a montar chiringuitos paralelos que vamos pagar os ciudadanos/as de Galicia

Información
13 Octubre 2018 170 votos
Presentación nova plataforma IDEPO

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, xunto ao deputado delegado de Innovación e Promoción Económica, Javier Dios, presidiu esta mañá o encontro informativo coas alcaldesas e alcaldes de concellos da provincia para informalos sobre as novidades impulsadas desde a Área de Novas Tecnoloxías da institución provincial. Ao respecto, a presidenta explicou que a reunión tiña por obxectivo "dar a coñecer o proxecto IDEPO, o servizo de asesoramento de protección de datos de entidades locais e o Backup na nube que converterán Pontevedra nunha provincia intelixente". Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia (CNTG). Xunta de Galicia....(+)  Sra Carmela a Xunta de Galicia xa dedica moreas de cartos públicos no Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia - Xunta de Galicia, súa inicitiva choca frontalmente duplicando o gasto dos servicios públicos.

 

"Desde a Deputación de Pontevedra somos moi conscientes de que se están aprobando moitas leis que obrigan aos concellos a poñer en marcha cuestións coma estas relacionadas coas TIC. Tamén somos conscientes de que non hai recursos suficientes como para poder facelo e, por iso, desde esta Área de Novas Tecnoloxías, formulábase a idea de que a Deputación tiña que ser unha referencia e impulsar todas estas accións que hoxe vos presentamos, ademais doutras postas en marcha como a implantación da administración electrónica en 53 concellos da provincia ou o novo servizo de padrón municipal", declarou Silva.

Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia (CNTG). Xunta de Galicia....(+)

Primeiro, a presidenta presentou IDEPO, un xeoportal libre e gratuíto que integra información xeográfica e de servizos de todos os concellos da provincia posto que inclúe datos sobre paradas de autobuses, puntos de recollida de lixo, infraestruturas deportivas, xacementos arqueolóxicos, estradas... "Este proxecto, ao que poden acceder tanto as administracións como a veciñanza, vainos permitir tomar decisións máis intelixentes que nos permitan equilibrar a dotación de servizos da provincia", aclarou Silva. Ademais, a presidenta apelou a un servizo "aberto e en constante actualización" e animou ás alcaldesas e alcaldes a participar activamente na mellora de IDEPO. "Ademais, é moi fácil de entrar e manipular", detallou Silva durante a reunión.

A continuación, a presidenta tamén fixo referencia ao novo servizo de asesoramento sobre protección de datos dirixido ás entidades locais para dar cumprimento ao regulamento que entrou en vigor en maio deste ano. "Na administración local trátanse moitísimos expedientes con datos privados e desde a Deputación de Pontevedra queremos ofrecervos a nosa axuda para o deseño de guías, a revisión de documentos ou a colaboración de datos", explicou Silva. A presidenta provincial tamén fixo fincapé no terceiro proxecto desenvolvido pola Área de Novas Tecnoloxías. Trátase dun Backup ou copia de seguridade na nube necesaria, tamén, para a xestión de todos estes datos persoais.

"Todos estes proxectos van destinados a concellos de menos de 50.000 habitantes pero temos que poñer moita atención nos que teñen menos de 20.000. Se non somos capaces de crear estruturas administrativas de fácil acceso para a cidadanía, estaremos facilitando que a xente se vaia vivir en lugares onde é máis sinxela a relación coas administracións", remarcou a presidenta en relación á importancia destes proxectos.

Finalmente, Carmela Silva felicitou aos gobernos locais polo traballo desenvolvido, así como ás técnicas e aos técnicos da institución provincial e das administracións locais "que se encargan da xestión diaria de todas estas cuestións". "É preciso poñer en valor aos servidores públicos porque, sen eles, sería imposible garantir que a cidadanía tivese acceso a todos estes servizos", concluíu a presidenta provincial.

Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia (CNTG). Xunta de Galicia....(+)

AMTEGA

La Agencia para la Modernización Tecnológica de Galicia (AMTEGA), adscrita a la Presidencia de la Xunta de Galicia, tiene como objetivos básicos la definición, el desarrollo y la ejecución de los instrumentos de la política de la Xunta de Galicia en el campo de las tecnologías de la información y la comunicación y la innovación y el desarrollo tecnológico.

El Decreto 252/2011, del 15 de diciembre, por el que se crea la Agencia para la Modernización Tecnológica de Galicia y se aprueban sus estatutos, regula tanto sus competencias y funciones como su organización y estructura, el régimen de su personal, el régimen económico-financiero y patrimonial, así como los principios que la orientarán en su actuación.

La creación de la AMTEGA permitió una mayor eficiencia y una reducción de gasto al integrar los recursos humanos, materiales y presupuestarios del área tecnológica de todas las consellerías y diferentes entidades departamentales de la Xunta bajo una misma dirección y con coste cero.

La AMTEGA es el instrumento estratégico y ejecutivo para impulsar la modernización de la Administración pública, así como el desarrollo económico y social de Galicia.

Con la creación de la AMTEGA y la puesta en marcha del Centro de Proceso de Datos Integral, Galicia da un paso histórico en materia tecnológica, apostando por un modelo de gestión de las TIC integral que no existe en otras comunidades. Además, ambas iniciativas posibilitan la reducción de alrededor del 30 % del coste tecnológico de la Administración autonómica, ahorro que es reinvertido en proyectos TIC innovadores en el sector público gallego.



Otros articulos relacionados.....
esafsqarhyazeubebgcazh-CNzh-TWhrcsdanlenettlfifrglkadeelhtiwhihuisidgaitjakolvltmkmsmtnofaplptrorusrskslswsvthtrukurvicyyi