Información
Galicia

GALIZA NOVA QUEIMA A FELIPE VI

Información
12 Octubre 2018 259 votos

12O 1 2A organización xuvenil do BNG prendeu lume a un espantallo caracterizado como o Rei de España, amosando o seu rexeitamento á monarquía española.

Esta mañá do 12 de outubro, Día da Hispanidade, Galiza Nova desenvolveu nas rúas de Compostela un acto reivindicativo contra a monarquía española e a prol do dereito de autodeterminación. O acto tivo lugar na Praza 8 de Marzo, onde case un cento de persoas asistiron á queima simbólica dun espantallo caracterizado como o rei de España, Felipe VI.

 

Navia Rivas, destacou na súa intervención que desde Galiza Nova non teñen “nada que celebrar porque nós non celebramos masacres”. A integrante da Dirección Nacional de Galiza Nova puxo a énfase en que “Galiza non é Hispanidade. Galiza é loita. Loita obreira e loita nacional, que son a mesma”. Reafirmou ademais o compromiso da organización xuvenil “co pobo galego, no noso compromiso por unha Galiza cos ollos no porvir, solidaria, republicana, laica, xusta, feminista, soberana”.

Posteriormente foi o lugar do Secretario Xeral da formación xuvenil, Alberte Fernández, quen afirmou que a queima simbólica dun espantallo do rei Felipe VI é un “acto de defensa da liberdade de expresión, contra o réxime e todo o que representa queimando simbolicamente a monarquía española, que se mostra orgullosa no día de hoxe do xenocidio cometido en América Latina”.

Na súa intervención, Fernández aludiu tamén ao dictador Francisco Franco posto que foi este quen “decidiu deixar a Xoán Carlos I como o seu sucesor” o cal, recalcou Fernández,  “representa a continuidade do franquismo”. Engadiu ademais que fronte á institución da monarquía blindada pola Consitución Española, “o nacionalismo galego tivo sempre clara a súa postura contraria, o noso proxecto, o proxecto do BNG é o da soberanía, partindo das Bases Democráticas que presentamos o ano pasado.”

Fernández referíuse ademais ao movemento de liberación nacional catalán, afirmando que o estado español  “reprime os movementos de liberación nacional, chegando ate a violencia física, e cun xefe do estado que parabeniza aos policías que participaron nas cargas masivas do 1-O”.

O Secretario Xeral de Galiza Nova concluíu indicando que a queima deste boneco representaba “todo o que queremos rachar, para poder construír unha sociedade nova na que teñamos un traballo e ensino dignos, os dereitos das mulleres e as persoas LGTBI estean garantidos; así coma a liberdade de expresión, e na que poidamos vivir plenamente na nosa lingua”. Por último, fixo un chamamento á mocidade galega a seguir sumando forzas con Galiza Nova e co BNG, na loita por aumentar a conciencia nacional da mocidade e o pobo galego.

baner denuncia sistemajudicialcorruptoO sistema xudicial é pouco confiable segundo a maioría dos españois. Esta malfunción débese, principalmente, á impunidade dos funcionarios (policías, fiscais e autoridades xudiciais) e dos profesionais privados: avogados, procuradores e os colexios profesionais de ambos.
Esta disfunción xudicial esnaquiza a vida de demasiadas vítimas e ANVIPED foi creada en 2014 para defenderlles e así acabar con esta impunidade da que deriva o seu mal funcionamento.
Debemos crear asociacións para defendernos da "violencia que exerce o Estado" (Foro Social Mundial, 2011) Os xuíces españois case nunca cumpren a lei, polo que só traballamos en casos que incumplan leis europeas (dereito comunitario) para levalos ao Tribunal de Xustiza Europeo...(+)   ¡¡¡ Únete a nos !!!


 


Otros articulos relacionados.....