Información
Galicia

O Comité Intercentros da CRTVG denuncia a utilización política dos medios públicos galegos coa retransmisión do desfile das Forzas Armadas como “Día da Festa Nacional 2018”

Información
11 Octubre 2018 102 votos

O Comité Intercentros rexeita a decisión da Dirección de Informativos da CRTVG de emitir íntegramente, mañá venres doce de outubro, de 11:00 a 13:00 horas, o desfile das forzas armadas con motivo da “Festa Nacional de España”.

 

Será a primeira vez en 36 anos que a televisión pública galega lle

dedique dúas horas da súa programación á retransmisión íntegra deste

evento, que malia ser de interese estatal e de emisión por TVE para todo o

territorio do estado, carece de interese e xustificación na grella da televisión

pública de Galicia.

O Comité denuncia que, mentres se está a atender a esta cobertura

innecesaria, estase a abandonar a retransmisión doutros eventos

representativos da sociedade, a cultura e o deporte galegos, incumprindo

unha das principais misións que teñen os medios públicos do país, como é

defender a identidade de Galicia.

O Comité considera que, con esta retransmisión, a dirección da

CRTVG, nomeada polo Partido Popular, está facendo novamente unha

utilización política dos medios públicos, xa que reflicte unha idea de España

contraria ao recoñecemento da pluralidade nacional, lingüísta e cultural dos

posbos do estado. Non se pode esquecer que o 12 de outubro se celebra,

baixo a denominación oficial de “Festa Nacional de España”, a conquista e

colonización de América, que supuxo o expolio do seus territorios e a

masacre de pobos indíxenas.

Tamén nesta ocasión, como acontece noutros espazos da

programación da TVG, serán altos cargos da Dirección de Informativos os

que conduzan esta retransmisión, marcando a liña editorial dos contidos e

comentarios que se produzan, sen marxe á pluralidade de perspectivas

sobre a celebración do 12 de outubro e o modelo territorial que implica.

Otros articulos relacionados.....
esafsqarhyazeubebgcazh-CNzh-TWhrcsdanlenettlfifrglkadeelhtiwhihuisidgaitjakolvltmkmsmtnofaplptrorusrskslswsvthtrukurvicyyi