Información
Galicia

O Goberno de Feijóo "DISCRIMINOU AOS CONCELLOS QUE NON VOTAN PP" co 80% das axudas recoñecidas pola Xunta na provincia de Lugo foron para 26 Concellos gobernados polo Partido Popular os únicos que recibiron cartos públicos actuando caciquilmente contra a

Información
26 Septiembre 2018 1239 votos

Con estes datos públicos que demostran un “reparto caciquil”, os 12 Deputados do PP e o Deputado non adscrito votan en contra da moción do PSOE para esixir á Xunta criterios obxectivos e transparencia na distribución de fondos

O Goberno Provincial achegou aos 67 Concellos da provincia 76 millóns do orzamento da Deputación para 2017, sendo 10 millóns máis que na anualidade anterior

 

O Executivo da Deputación desvelou este martes que o 80% das axudas autonómicas recoñecidas pola Xunta na provincia de Lugo foron para 26 Concellos gobernados polo Partido Popular. Esta porcentaxe correspóndese con 4 millóns de euros. Desta cantidade, 1,4 millóns concedéronse na última convocatoria de subvencións e 2,6 millóns a través dos convenios feitos públicos.

“Ante este  reparto caciquil e clientelar de fondos públicos que fai o PP”, o Goberno Provincial presentou unha moción ao Pleno deste martes esixindo á Xunta de Galicia criterios obxectivos na distribución orzamentaria e transparencia. Os 12 Deputados do Partido Popular e o Deputado non adscrito votaron en contra da iniciativa do Grupo Provincial Socialista, facendo que non se aprobase.

5 dos 6 Concellos lucenses que reciben subvención están gobernados polo PP
O voceiro do Goberno da Deputación, Álvaro Santos Ramos, detallou que o pasado 12 de setembro se publicou na páxina web da Xunta de Galicia a listaxe de municipios beneficiados das axudas para mellorar infraestruturas e equipamentos. Dos 6 Concellos lucenses que reciben subvención, 5 están gobernados polo PP e dáselle preto de 1,4 millóns, que representan o 83% dos fondos totais para a provincia. Trátanse de Mondoñedo que recibe 110.289 euros; Begonte con 475.554 euros; Portomarín con 198.706 euros; O Vicedo con 92.950 euros e Cervo con 499.550 euros. O único municipio da provincia no que non goberna o Partido Popular, dos 34 que hai en Lugo e nos que se concentra o 68% da poboación con máis de 220.000 habitantes, que recibe fondos é Trabada, que acada 272.000 euros. PODES CONSULTAR AS AXUDAS CONCEDIDAS NA SEGUINTE LIGAZÓN

Un proceso “a medida do PP”
Santos Ramos destacou que “xa nos temíamos este reparto caciquil e clientelar. O PP fixo un proceso a súa medida, pois publicou as bases no DOG un venres e abriu o prazo de solicitude practicamente ao día seguinte: o sábado ás 12 da noite ou o domingo ás 00:00 horas. Os Concellos, se viron a publicación no Diario Oficial de Galicia o propio venres, tiveron pouco máis de 24 horas para elaborar as súas propostas e ata os proxectos; traballo practicamente imposible senón está xa feito. É máis, para presentar todo isto, como exclusivamente se impuxo facelo por sede electrónica, os Concellos tiñan que ter persoal público traballando nos Consistorios na madrugada do domingo.  Os feitos son evidentes. O Partido Popular de Feijóo fixo outra convocatoria de subvencións a súa medida para repartir entre uns poucos Concellos nos que goberna, 5 na provincia de Lugo, fondos públicos de todos os cidadáns na Xunta de Galicia”. As axudas esgotáronse aos 12 minutos de abrir o prazo. Concellos como Láncara que fixeron as súas solicitudes ás 00:15 minutos quedaron fóra.

O 75% dos fondos de convenios para 25 Concellos gobernados polo PP
A Xunta publicou no Rexistro de Convenios os fondos a Concellos da provincia de Lugo mediante esta modalidade durante todo o 2017. Concedéronse 3,5 millóns dos que o 75%, que representan máis de 2,6 millóns, foron para 25 municipios gobernados polo PP fronte aos 930.000 euros que recibiron Concellos de distinta cor política.

O “comodín” do Fondo de Cooperación Local
“O Partido Popular emprega de comodín o Fondo de Cooperación Local para tentar camuflar o reparto caciquil e clientelar que fai dos fondos públicos da Xunta. Este fondo é a participación municipal nos ingresos do Estado. Son fondos que lle corresponden aos Concellos por lei e que teñen todas as Comunidades Autónomas. A Xunta só actúa como mera intermediaria”, aclarou Santos.

76 millóns do Orzamento da Deputación de 2017 para os 67 Concellos
A Deputada de Economía, Mayra García Bermúdez, informou no Pleno sobre a conta xeral do orzamento da Deputación para 2017. Este documento reflexa que o Goberno Provincial achegou aos 67 Concellos da provincia 76 millóns de euros do presuposto do ano pasado. Son 10 millóns máis que no 2016. García Bermúdez aclarou que estes 76 millóns son os dos capítulos de transferencias de capital onde non se inclúen os gastos de persoal ou correntes da institución. Son investimentos.



Otros articulos relacionados.....
esafsqarhyazeubebgcazh-CNzh-TWhrcsdanlenettlfifrglkadeelhtiwhihuisidgaitjakolvltmkmsmtnofaplptrorusrskslswsvthtrukurvicyyi