Información
Galicia

A Marcha Ciclista Unificada para persoas con e sen discapacidade intelectual que organiza Special Olympics Galicia, por sexto ano consecutivo, amplía o seu percorrido, chegando a localidades das catro provincias galegas

Información
25 Septiembre 2018 95 votos

A presentación desta iniciativa deportiva tivo lugar hoxe no Pazo Provincial, acto no que participou o vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; o presidente de Special Olympics Galicia, Eladio Fernández; o alcalde de Baños de Molgas, Xaime Óscar Iglesias; o presidente da asociación ourensá As Burgas, Antonio Rincón; o ciclista, Bruno Seara; e a presidenta da asociación Asfaval, entidade socia de Special Olympics Galicia, Amelia Blanco.

 

A Deputación de Ourense colabora con este evento que, a través do deporte, "fomenta a inclusión e visibiliza a este colectivo de persoas, derrubando as barreiras físicas e psicolóxicas da sociedade á hora de coñecer e facilitar a participación destas persoas na vida social e comunitaria", sinalou o vicepresidente do goberno provincial. Neste mesmo senso, o alcalde de Baños de Molgas dixo que con este evento espera que "se visualice o noso concello pero, sobre todo, que se vexa a ese grupo de persoas gozando dunha xornada integradora". Asemade, Xaime Óscar Iglesias reivindicou o papel de Baños de Molgas como "referencia do ciclismo a nivel provincial, grazas á Deputación de Ourense, ó Inorde, e á asociación Ado Moure".

A marcha comezará o vindeiro día 4 de outubro coa primeira etapa pola localidade ourensá de Baños de Molgas (12 quilómetros), continuando ao día seguinte, o 5 de outubro, na provincia de Lugo, onde percorrerán a etapa entre Friol e Parga (19 quilómetros). O día 6 de setembro, a marcha chegará a Santiago de Compostela, nunha ruta que se desenvolverá polo centro da capital (13 quilómetros) e rematará o día 7 de outubro en Vilagarcía de Arousa (13 quilómetros).

"En total, nas diferentes marchas, participarán 37 atletas con discapacidade intelectual, xunto cos clubs de ciclistas que tamén estarán na proba e os 20 voluntarios que haberá en cada ruta", explicou Eladio Fernández, quen salientou o obxectivo desta iniciativa, que naceu hai algo máis de catro anos, para "ofrecer unha xornada de convivencia, de inclusión, para mostrar as capacidades que teñen as persoas con discapacidade intelectual".

Galicia: Por la dignidad de los medios públicos y privados "CORROMPIDOS" por el Partido Popular


 

Otros articulos relacionados.....
esafsqarhyazeubebgcazh-CNzh-TWhrcsdanlenettlfifrglkadeelhtiwhihuisidgaitjakolvltmkmsmtnofaplptrorusrskslswsvthtrukurvicyyi