Información
Galicia

Mercan empanadas, pizzas e bocadillos para o alumnado ante o abandono das súas obrigas do Goberno de Feijóo (PPdeG) por falta de subministro en comedores escolares

Información
23 Septiembre 2018 201 votos


A CIG-Ensino vén de denunciar os problemas de subministro que se están a dar en arredor dunha vintena de comedores escolares, sobre todo de ámbito rural, pola falta de xestión da consellaría. Deficiencias das que responsabiliza á empresa concesionaria, Gescor, que obrigaron a algún centro a mercar empanadas, pizzas e bocadillos para darlle de comer ao alumnado e diante das que insta, máis unha vez, á consellaría a asumir directamente a xestión deste servizo.

 

A empresa salmantina Gescor ten a concesión, nuns casos, para subministrar a comida elaborada aos comedores escolares e, noutros, as materias primas necesarias para a súa preparación. Porén, tanto as direccións dos centros como as ANPAs teñen denunciado nestes primeiros días de curso diversos incumprimentos de contrato. Entre as deficiencias detectadas están a non provisión de alimentos elaborados, materias primas, menaxe, frigoríficos ou lavalouza, problemas no reparto, impagos a provedores/as e traballadores/as ou a falta de persoal coidador.

A CIG-Ensino lembra que esta non é a primeira vez que esta compañía resulta sancionada por faltas graves, con até 17.000 euros, pero denuncia que, dado que se están a repetir as queixas neste comezo de curso, a Xunta non tomou medidas efectivas nin para garantir o seu cumprimento nin, como ten demandado en reiteradas ocasións, para facerse cargo da xestión directa dos comedores.

Empanadas, pizzas e bocadillos

Entre as queixas máis recentes que se veñen detectando destacan a do CEIP Celso Emilio Ferreiro na Silva, en Cerceda, que elabora a comida para un total de 340 nenos e nenas de cinco centros da comarca de Bergantiños e que antonte non recibiu comida. Isto obrigou a eses centros a comprar pola súa conta empanadas, pizzas e bocadillos para darlle ao alumnado. Son numerosos os problemas que arrastra nesta zona a empresa privada con respecto a impagos a provedores e a traballadores.

A mesma situación insostíbel se repite en diversos centros da provincia de Lugo que levan con problemas no subministro de alimentos desde que comezou o curso. É o caso do IES Fonmiñá da Pastoriza que elabora tamén a comida para o IES Enrique Muruais da Pontenova e que nestes intres só ten materias primas para elaborar un prato de comida. A dirección pediu xa autorización por escrito á Xefatura Territorial para facer compra de alimentos básicos pero aínda non recibiu contestación. Tamén no IES Basanta Silva de Vilalba levan dous días sen recibir nada, a parte de que non foron dotados con frigorífico, e hai falta de persoal coidador.

Neste sentido, noutros centros que teñen previsión de que os subministros se van acabar a Xefatura Territorial xa lles deu indicación de que merquen pola súa conta o pan, como o IES de Becerreá. A situación é tamén igual de esperpéntica no CPI Uxío Novoneyra de Pedrafita, nos IES Lamas das Quendas e de Val do Asma en Chantada, onde tamén se detectaron falta de pratos e enxoval desde comezos de curso.

A CIG-Ensino esíxelle á Consellaría que solvente de inmediato estes problemas para que todos os nenos e nenas teñan garantida a súa comida en condicións óptimas e co persoal necesario para o seu coidado. Á vez que insta a asumir directamente a xestión deste servizo para que non se produza a súa perversión a mans de empresas privadas que non son capaces de cumprir os contratos de concesión. Lembra que o sindicato sempre defendeu que os comedores e o transporte escolar son dous servizos públicos máis dentro do servizo educativo que presta a administración e, polo tanto, así deben ser tratados.

Queixas tamén nas cafeterías escolares

En paralelo á cuestión dos comedores, tamén se están a producir deficiencias no arranque de curso coas cafeterías escolares. Despois de que a Xunta resolvera a súa concesión nun concurso centralizado, moitas das persoas aspirantes elevaron a súa oferta de canon para non quedar sen o contrato, o que serviu, practicamente en exclusiva, para que a administración aumentase a recadación.

Con todo, algúns adxudicatarios e adxudicatarias anteriores quedaron fóra ao non poder competir con empresas máis grandes, e agora atópanse con que teñen material inservíbel que compraron durante os anos que prestaron servizos. Polo demais, e aínda que o concurso se resolveu a finais do verán, o feito de que administrativamente non estea pechado, impide que se poidan abrir estes establecementos.

Isto leva a que moitas persoas que quedaron sen traballo estiveron pagando igualmente a cota de “autónomos” durante as vacacións á espera de saber se lles era concedido ou non o contrato. Agora mesmo, quen finalmente si foi adxudicatario segue sen poder comezar a actividade, malia xa ter comprado provisións, polo que a Consellaría ten que resolver esta cuestión canto antes para non prexudicar máis economicamente a estas persoas e ao funcionamento habitual dos centros.

baner denuncia sistemajudicialcorruptoO sistema xudicial é pouco confiable segundo a maioría dos españois. Esta malfunción débese, principalmente, á impunidade dos funcionarios (policías, fiscais e autoridades xudiciais) e dos profesionais privados: avogados, procuradores e os colexios profesionais de ambos.
Esta disfunción xudicial esnaquiza a vida de demasiadas vítimas e ANVIPED foi creada en 2014 para defenderlles e así acabar con esta impunidade da que deriva o seu mal funcionamento.
Debemos crear asociacións para defendernos da "violencia que exerce o Estado" (Foro Social Mundial, 2011) Os xuíces españois case nunca cumpren a lei, polo que só traballamos en casos que incumplan leis europeas (dereito comunitario) para levalos ao Tribunal de Xustiza Europeo...(+)   ¡¡¡ Únete a nos !!!


 


Otros articulos relacionados.....