Información
Galicia

A representación ecoloxista no Padroado do Parque Nacional Marítimo-Terrestre Illas Atlánticas condena as presuntas condutas ilegais do Director-Conservador do Parque Nacional Illas Atlánticas

Información
22 Septiembre 2018 222 votos

feijoonasillasatlanticas foto xuntaSegundo “El Diario de Pontevedra”, o Seprona acúsao de consentir varias construcións ilegais nas illas Cíes. O PPdeG e a Xunta "calan" e non responden a ciudadanía. Presunta corrupción nas Illas Atlánticas...

O pasado día 9 de setembro aparecía publicada no xornal “El Diario de

Pontevedra” unha nova titulada “Investigan por prevaricación al director del

Parque Nacional Illas Atlánticas”. No corpo desa nova detallábase o seguinte:

“El Servicio de Protección de la Naturaleza (Seprona) de la Guardia Civil ha

abierto una investigación, ya judicializada, que ha colocado en el ojo del

huracán a José Antonio Fernández-Bouzas, director-conservador del Parque

Nacional Illas Atlánticas. Los agentes, tras una laboriosa investigación, le

consideran autor, junto a otras personas, de un delito de prevaricación y otro

contra la ordenación del territorio. Entienden que consintió varias

construcciones ilegales en parcelas de las islas Cíes, algo completamente

prohibido según el reglamento que protege a un bien catalogado como

Parque Nacional.”

A nova seguía dicindo:

“La Ley de Parques Nacionales, vigente desde el 3 de diciembre de 2014,

señala que en ellos "no puede existir suelo urbanizado ni susceptible de

transformación urbanística", algo que, según los informes de la Guardia Civil,

permitió Fernández-Bouzas en Cíes. El mismo marco legal permite

"actuaciones puntuales singulares, con la participación de las comunidades

autónomas, mediante la puesta en marcha de programas piloto que persigan

una activación económica sostenible", algo que no encaja en absoluto, según

el Seprona, en los inmuebles que fueron objeto de investigación.”

E remataba comentando:

“En el caso que nos ocupa, este periódico ha podido saber que se han

ejecutado obras ilegales en varios puntos de Cíes con la presunta

aquiescencia del director-conservador del parque, que, si bien no estaría

implicado directamente con los hechos, sí tendría conocimiento de ellos, lo

que sería constitutivo de las infracciones penales que se le imputan.”

De ser certo o que publicou o citado xornal estaríamos ante uns feitos de

extrema gravidade que de pasaren en calquera outro país avanzado terían

obrigatoriamente que implicar o cese inmediato do Director-Conservador do

espazo protexido. Por outra banda, este tipo de condutas presuntamente

cometidas por Fernández Bouzas non nos sorprenden en absoluto dada a súa

traxectoria dende que foi nomeado na década pasada Director-Conservador do

Parque Nacional. Cómpre lembrar varias actuacións no arquipélago de Cíes,

como o proxecto de construción dunha pasarela polo medio do cordón dunar

de Punta Muxieiro que foi denunciado no xulgado de instrución número 1 de

Vigo e ante diferentes administracións e posteriormente paralizado polo

Seprona no ano 2009. Ou as presuntas actuacións ilegais levadas a cabo en

2010 na illa Sur, nas que se empregaron pedras do antigo mosteiro medieval e

salgadoiro para canalizar un rego carecendo de autorización do Parque

Nacional, da Consellaría de Medio Ambiente, e realizándose sen licenza

municipal. No mesmo senso vai a actuación denunciada en 2011, cando o

propio Parque Nacional levantou unha nave de 325 m2 coa finalidade de facer

de garaxe de vehículos e albergar xeradores. Estas obras están situadas en

solo rústico de protección de costas, solo rústico de protección de espazos

naturais e nun espazo con xacementos arqueolóxicos singulares, e non

contaron con licenza municipal nin coas autorizacións autonómicas

preceptivas.

E ademais, todo isto encaixa moi ben coa non aprobación do Plano Reitor de

Uso e Xestión do espazo protexido, que segundo a Disposición Adicional

Segunda da Lei 15/2002 de 1 de xullo, pola que se declara o Parque Nacional

Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia, que di:

“No prazo dun ano elaborarase o plano reitor de uso e xestión (PRUX) do

Parque Nacional”.

En consonancia con esa Disposición, o PRUX tiña que ter sido aprobado o día

3 de xullo de 2003. Pero, malia as insistentes peticións dos últimos anos do

ecoloxismo galego, nin a Dirección do Parque Nacional nin a Consellaría

chegaron a aprobar este valioso documento.

http://eulogiopabeleira.blogspot.com/2014/03/el-vigilante-urbanistico-era-un.html

baner denuncia sistemajudicialcorruptoO sistema xudicial é pouco confiable segundo a maioría dos españois. Esta malfunción débese, principalmente, á impunidade dos funcionarios (policías, fiscais e autoridades xudiciais) e dos profesionais privados: avogados, procuradores e os colexios profesionais de ambos.
Esta disfunción xudicial esnaquiza a vida de demasiadas vítimas e ANVIPED foi creada en 2014 para defenderlles e así acabar con esta impunidade da que deriva o seu mal funcionamento.
Debemos crear asociacións para defendernos da "violencia que exerce o Estado" (Foro Social Mundial, 2011) Os xuíces españois case nunca cumpren a lei, polo que só traballamos en casos que incumplan leis europeas (dereito comunitario) para levalos ao Tribunal de Xustiza Europeo...(+)   ¡¡¡ Únete a nos !!!


 


Otros articulos relacionados.....