Información
Galicia

Piden explicacións ao conselleiro de Sanidade que ai detrás do traslado á Estrada da central de chamadas do 061 exixen . preguntanse ¡¡¡ quen se beneficia e en canto !!!

Información
20 Septiembre 2018 863 votos

 Despois de máis de mes e medio en folga a situación segue a ser, segundo o presidente do comité de folga e da Xunta de Persoal do 061, Mario Otero, “a mesma que ao principio do conflito”. Por iso denuncia a actitude “completamente inmobilista” por parte da administración que “non moveu nin un ápice a oferta rexeitada maioritariamente polos traballadores”. Unha situación pola que xa adianta que “seguiremos en folga e, como habitualmente, convocando concentracións os mércores”.

 

Escrito ao conselleiro

Coincidindo coa concentración, o persoal aproveitou para facer entrega dunha carta dirixida ao conselleiro “para informalo da situación actual, aínda que debería estar informado, como máximo responsable da sanidade galega” e pedirlle o seu amparo para que interveña coa intención de desbloquear o conflito e posibilite que se chegue a un acordo antes de que se faga efectivo o traslado definitivo á Estrada, fixado para o día un de outubro.

Otero denuncia que o SERGAS “pretende que sexamos nós quen paguemos a factura do traslado e que financiemos a obra dos nosos petos co tempo que teremos que deixar de dedicar á nosa familia para ir até a Estrada e con cartos, porque agora mesmo cando un traballador do 061 é enviado á Estrada a traballar a Fundación págalle unha indemnización por gastos 11,40€. Isto multiplicado por 20, son 225 € mentres que para nós, a administración ofrece 140€ brutos polo mesmo”.

Servizos mínimos que son máximos

Entre mentres mantéñense os servizos mínimos do 100% desde o 1 de agosto para o persoal sanitario e do 20% para o persoal non sanitario, co que a efectos prácticos a folga na central de coordinación non se está notando porque todo o persoal está traballando.

Isto malia existir varias sentenzas de tribunais superiores de xustiza nas que se recoñece que fixar uns servizos mínimos do 100% “é cercenar directamente o dereito á folga”, afirma o presidente do comité de folga.

Lembra o caso da folga do 112, que tamén é un servizo de atención ás emerxencias, ao que en primeira instancia se lle ditou un 60% e logo un 80% de servizos mínimos. “Sempre, en todo caso, por debaixo de 100%”.

Mario Otero subliña, a este respecto, que o 112 só atende a emerxencias mentres que o 061 ademais do número de emerxencias sanitarias atende a un número de consulta, o 902. Por iso entende que “ten menos sentido que o 061 teña un 100% dos mínimos cando o 112 tivo un 80%”.

Sen resposta aos escritos remitidos

Polo momento non recibiron resposta algunha aos escritos que presentaron aínda que Otero lembra que “o outro día, no Parlamento, o conselleiro de Sanidade dixo que teriamos que ter outra reunión, pero nós non temos constancia de ningunha convocatoria a día de hoxe, nin antes nin despois do día 1”.

Grupo Norte

Canto o grupo Norte, esta mesma tarde iniciábase a negociación ante o AGA coa esperanza de conseguir algún avance para a mellora das condicións nas que se trasladarán finalmente os traballadores/as da central de chamadas do 061.

A este respecto, o representante da CIG, Renato Núñez, denuncia que o día 2 de outubro o persoal terá que estar xa na Estrada traballando malia o que “a empresa aínda non comunicou a ningún traballador/a que van ter que comezar a traballar alí”.

Núñez explica que existen uns prazos legais establecidos para que se faga esa comunicación e que, de non facelo, iso suporía un incumprimento por parte da empresa. Por iso, precisamente hoxe, antes de inciar a mediación, o primeiro que queren é aclarar como pensan realizar o traslado se, tendo en conta as datas nas que estamos, non cumprirían os requisitos legais.

A CIG tamén ten presentadas, neste caso, dúas denuncias perante a Inspección de Traballo por servizos mínimos abusivos mais unha denuncia por tutela de dereitos fundamentais, porque, independentemente de que a empresa teña que cumprir o decreto da consellaría, “o teléfono 902 que é un teléfono de atención telefónica médica non urxente non é unha cuestión que teña que estar nos servizos mínimos”. Por iso o representante da CIG afirma que “Grupo Norte vulnerou os dereitos das e dos traballadores ao obrigalos a estar no 100% no seu postos de traballo”.

Otros articulos relacionados.....
esafsqarhyazeubebgcazh-CNzh-TWhrcsdanlenettlfifrglkadeelhtiwhihuisidgaitjakolvltmkmsmtnofaplptrorusrskslswsvthtrukurvicyyi