Información
Galicia

O GOberno do PPdeG na Xunta esta permitindo coa súa apatía o desabastecemento de varios comedores escolares en Lugo xestionados pola empresa Gescor

Información
19 Septiembre 2018 338 votos

Cociña Basanta SilvaO Sindicato Labrego Galego denuncia os problemas que está a haber coa empresa Gescor na xestión de varios comedores escolares de ámbito rural na provincia de Lugo. En concreto, no IES Basanta Silva, de Vilalba, onte o servizo de cociña tivo que improvisar o xantar (as traballadoras foron mercar alimentos para cociñar) e, hoxe mesmo, o alumnado tivo que conformarse cun bocadillo.

Neste caso concreto, están afectad@s 184 alumn@s os luns e 47 de martes a venres.

No caso de Gescor, chove sobre mollado, xa que esta empresa de cátering ten recibido reiteradamente denuncias por irregularidades como débedas coas empresas que lle fornecen alimentos, atraso no pagamento de nóminas ou menús non adaptados ao alumnado.

Polo que puidemos saber no SLG, este tipo de irregularidades estaríanse a dar tamén noutros centros escolares lucenses rurais, como o IES Fonmiñá, de A Pastoriza, ou o IES Enrique Muruais, de A Pontenova; e na propia capital, como o IES Nosa Señora dos Ollos Grandes. É posible que este tipo de irregularidades estean a padecerse, en menor ou maior grao, en tódolos centros escolares que controla esta empresa (Chantada, Sarria, Becerrea, Triacastela, Pedrafita, Ribadavia, Arnoia, Carballiño, etc.), aínda que non puidemos confirmalo. As irregularidades de Gescor en varios centros escolares da Costa da Morte, tamén rurais, xa lle valeron unha sanción de 17.000 euros da Xunta.

Dende o SLG queremos lembrar que o servizo de comedor escolar é esencial para miles de familias que viven no rural e que non poden permitirse dobrar os desprazamentos para traer xantar os fillos ou as fillas a casa. Por iso, pedimos que a Xunta tome cartas no asunto e obrigue, de maneira inmediata, a asumir as súas responsabilidades á empresa ou a rescindirlle o contrato por estalo a incumprir flagrantemente.

baner denuncia sistemajudicialcorruptoO sistema xudicial é pouco confiable segundo a maioría dos españois. Esta malfunción débese, principalmente, á impunidade dos funcionarios (policías, fiscais e autoridades xudiciais) e dos profesionais privados: avogados, procuradores e os colexios profesionais de ambos.
Esta disfunción xudicial esnaquiza a vida de demasiadas vítimas e ANVIPED foi creada en 2014 para defenderlles e así acabar con esta impunidade da que deriva o seu mal funcionamento.
Debemos crear asociacións para defendernos da "violencia que exerce o Estado" (Foro Social Mundial, 2011) Os xuíces españois case nunca cumpren a lei, polo que só traballamos en casos que incumplan leis europeas (dereito comunitario) para levalos ao Tribunal de Xustiza Europeo...(+)   ¡¡¡ Únete a nos !!!


 


Otros articulos relacionados.....