Información
Galicia

Descobren os segredos para mellorar os cultivos de millo

Información
19 Septiembre 2018 195 votos

Marlon Caicedo, na defensa da súa tese na EPS de Enxeñaría de Lugo

A senescencia é a fase final de desenvolvemento dos vexetais, unha parte fundamental do ciclo de vida das plantas, tan importante como o crecemento ou a maduración. O estado das follas, pétalos, órganos reprodutivos, raíces, cortizas e sementes xerminadas revelan o momento no que a planta chega a esta etapa da súa vida. O investigador ecuatoriano Marlon Caicedo presenta os segredos para mellorar o cultivo de millo na tese de doutoramento que vén de presentar na Escola Politécnica Superior de Enxeñaría do Campus Terra da USC baixo o título ‘Mellora xenética do millo para senescencia retrasada Stay Green’.

 

 

Nesta tese de doutoramento, dirixida  polos investigadores Margarita Lema Márquez (USC) e Bernardo Ordás López (CSIC), Marlon Caicedo afonda no estudo da senescencia no millo, tanto a nivel fisiolóxico como xenético. O propósito principal da senescencia é mover e reciclar os nutrientes dende os órganos vexetativos aos órganos reprodutivos, un fenómeno que inflúe no crecemento do cultivo e na produción de froitos e sementes que servirán como alimento.

 

A senescencia retardada ou “Stay Green” (SG) fai referencia a un carácter que presentan algunhas plantas e que provoca un retraso no envellecemento das follas respecto ao que é habitual. Como consecuencia, esta característica permite acumular unha maior cantidade de materia seca durante o enchido do gran, o que significa un maior rendemento dos cultivos. Por este motivo, os investigadores teñen en conta esta calidade como criterio de selección na mellora dos cultivos. Ademais, tamén está asociado coa resistencia a patóxenos como os fungos ou os virus.

 

O novo doutor realizou no marco da súa investigación de doutoramento tres experimentos. O primeiro consistiu nunha caracterización multiambiental da senescencia, na que se revelou que cunha maior duración de actividade fotosintética se acada un maior rendemento do gran. No segundo, o investigador conseguiu identificar caracteres cuantitativos mediante un mapeo de asociación nunha poboación multiparental, a través dos que se descubriron os xenes concretos que están relacionados con este carácter que presentan algunhas plantas, en concreto, un deles explica as diferentes velocidades ás que ten lugar a senescencia.

 

O terceiro e último dos experimentos desenvolvidos por Marlon Caicedo posibilitou a detección de xenes relacionados coa senescencia e que xuntos forman unha extensa rede de xenes que interactúan conxuntamente e que teñen capacidade para activar ou reprimir as diferentes funcións que se producen durante esta etapa. En concreto, detectáronse 1.083 xenes, vinculados con procesos catabólicos, que aumentan durante este período, e 588, relacionados coa fotosíntese, que diminúen a súa expresión nesta etapa final do desenvolvemento da planta.

 

Esta tese de doutoramento conclúe que, mediante a modificación do tempo da senescencia, pódese mellorar a produción de gran, forraxe e bioenerxía; é dicir, mellorar os cultivos. A nivel molecular, existen xenes claves involucrados neste proceso de envellecemento que poderían ser utilizados para aumentar a eficacia da mellora vexetal do cultivo de millo.

 

Tribunal de tese e cualificación

O tribunal encargado de avaliar a tese de doutoramento presentada por Marlon Caicedo estivo presidido polo profesor de investigación do CSIC Amando Ordás Pérez. Os doutores Rosa Romero Franco e José Ignacio Ruiz de Galarreta completaron un xurado que acordaron por unanimidade outorgar a esta tese a máxima cualificación de sobresaínte cum laude.

baner denuncia sistemajudicialcorruptoO sistema xudicial é pouco confiable segundo a maioría dos españois. Esta malfunción débese, principalmente, á impunidade dos funcionarios (policías, fiscais e autoridades xudiciais) e dos profesionais privados: avogados, procuradores e os colexios profesionais de ambos.
Esta disfunción xudicial esnaquiza a vida de demasiadas vítimas e ANVIPED foi creada en 2014 para defenderlles e así acabar con esta impunidade da que deriva o seu mal funcionamento.
Debemos crear asociacións para defendernos da "violencia que exerce o Estado" (Foro Social Mundial, 2011) Os xuíces españois case nunca cumpren a lei, polo que só traballamos en casos que incumplan leis europeas (dereito comunitario) para levalos ao Tribunal de Xustiza Europeo...(+)   ¡¡¡ Únete a nos !!!


 


Otros articulos relacionados.....