Información
Galicia

O Comité Intercentros entrega de 562 sinaturas do persoal da CRTVG ao Director Xeral, Alfonso Sánchez Izquierdo, ( alto cargo de confianza do PPdeG) solicitando o arquivo do expedente disciplinario contra a compañeira Tati Moyano.

Información
18 Septiembre 2018 689 votos

2Tati Moyano represaliadapoloaltocargodeconfiuanzadoPPdeGAdemais, sinalan que desde o comité contrastouse que a xornalista, Tati Moyano, seguiu de xeito escrupulosa o protocolo que empregan o resto das profesionais que participan neste tipo de actos, incluíndo o persoal directivo, que o mesmo acode a eventos remunerados sen que nunca se produciu unha reacción semellante".

 De feito, as presentadoras e os presentadores da cadea fixeron chegar á dirección da empresa un escrito para solidarizarse coa súa compañeira, no que han argumentado que o protocolo seguido pola profesional á que pretenden sancionar é o mesmo que sempre se utilizou para este tipo de actos.

As traballadoras e traballadores da Radio Galega e a Televisión de Galica presentaron onte 562 sinaturas pedíndolle ao Director Xeral da CRTVG, Alfonso Sanchez Izquierdo, o arquivo imediato do expediente disciplinario iniciado contra Tati Moyano e que se proceda á súa rehabilitación pública e profesional.

Segundo a mairoria do cadro de persoal da CRTVG, dende o pasado mes de xullo estase a someter a compañeira Tati Moyano a un proceso disciplinario exemplarizante e sen precedentes na historia da CRTVG, que chega despois de reivindicar as mobilizacións dos “Venres Negros”.

A Dirección de Recursos humanos da CRTVG decidiu abrir un expediente disciplinario por falta moi grave contra Tati Moyano, no mes de xullo, acusandoa de terse maquillado utilizando os medios da cadena autonómica para presentar unha gala benéfica contra o cancro o pasado 22 de xuño.

Nesa gala, Tati Moyano, vestida de negro, fixo unha defensa da pluralidade nos medios publicos de Galiza.

O Comité Intercentros da CRTVG considera a apertura do expediente unha represalia irracional e unha persecución á que a Dirección da CRTVG está a someter ás xornalistas que non comulgan coa liña informativa da dirección da canle pública, e reclama, coa mayoría do cadro de persoal, o arquivo inmediato do expediente disciplinario.

 Ademais, desde o comité de empresa afirman que a ?reacción desmedida da empresa contra a traballadora obedece exclusivamente a unha represalia por presentar a súa dimisión no labor de presentadora, como símbolo de protesta polo férreo control informativo que se exerce desde a dirección; así como por aludir públicamente a esa situación durante aquel acto contra o cancro, onde tamén estaba presente o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijòo?. Este último, engaden no escrito, no canto de ?adoptar as medidas adecuadas para erradicar a censura previa e a manipulación instalada nos medios públicos galegos, permite que se sancione á xornalista?.

 Dobre vara de medir á hora de sancionar en CRTVG

 Fontes consultadas por este medio, falan dun posible dobre rasero, por parte da empresa, á hora de aplicar os expedientes sancionadores aos empregados. O ejemplifican cun suceso recente na corporación. Un coordinador de área saltábase sempre a unha persoa da lista de contratación, narran a este medio. As conversacións telefónicas que mantiña coa empregada non eran ?políticamente correctas ?, con insultos e ata vexacións polo feito de ser muller. Foi entón, continúa a fonte consultada, cando se produciu un requerimiento á empresa para que tomase as medidas pertinentes. A sorpresa foi mayúscula cando o único que fixo a entidade, malia o que estaba ocorrendo, foi apercibir ao responsable por escrito, recomendándolle manter a corrección cos seus subordinados. Neste caso interpúxose unha demanda e estes feitos están pendentes dunha resolución xudicial.

Otros articulos relacionados.....
esafsqarhyazeubebgcazh-CNzh-TWhrcsdanlenettlfifrglkadeelhtiwhihuisidgaitjakolvltmkmsmtnofaplptrorusrskslswsvthtrukurvicyyi