Información
Galicia

O Galego de Ácuatlon saldouse con tres medallas para o Fogar

Información
14 Septiembre 2018 222 votos

O pasado fin de semana disputábase na localidade pontevedresa de Combarro unha nova edición do Campionato Galego de Acuatlón en todas as súas categorías, proba na que tomaban parte seis dos triatletas da AD.Fogar de Carballo e Oleiros que callaban unha moi boa actuación tras facerse con tres medallas. As de Paulo Rivas e Manuel Souto como campións galegos das categorías benxamín e alevín respectivamente e a de Alberto Tomé como subcampión galego da categoría júnior. Ademais na categoría alevín Adrián Sancho era 8º, na infantil Sergio Soto terminaba 7º e na cadete David Sancho acadaba a 13ª praza.



Otros articulos relacionados.....
esafsqarhyazeubebgcazh-CNzh-TWhrcsdanlenettlfifrglkadeelhtiwhihuisidgaitjakolvltmkmsmtnofaplptrorusrskslswsvthtrukurvicyyi