Información
Galicia

O Goberno de Feijóo logrou destruir mais dun 20% dos recursos da Escola Superior de Arte Dramática de Galiza

Información
14 Septiembre 2018 92 Votos

O persoal da ESAD (Escola Superior de arte Dramática de Galiza), con sede en Vigo, vén de convocar tres días de folga para esixir a restitución dos seis postos de traballos perdidos nos últimos dous anos. A CIG-Ensino apoia a medida e chama a participar das concentracións que decorrerán os vindeiros luns 17, martes 18 e mércores 19 de setembro.

 

Despois da aprobación maioritaria dos traballadores/as en asemblea, a ESAD vivirá os días 17, 18 e 19 de setembro tres xornadas de folga en protesta pola consumación da perda de seis postos de traballo nos dous últimos anos.

A dirección do centro reclamaba para este curso académico tres novas vacantes e a Consellaría, tras o informe do funcionario da inspección educativa, non só non concedeu ningunha senón que eliminou outras tres, adxudicando só 34 interinidades, cando en 2014 chegou a contar con 42.

Responsabilizan dos recortes ao inspector encargado do centro

Esta decisión, segundo explican, chega nun momento no que se incrementou considerablemente o número de alumnado matriculado nos primeiros cursos e no que en certas especialidades como dirección escénica ou dramaturxia, após os peores anos da crise económica, xa está estabilizado.

O claustro do centro atribúe os recortes ao “particular asañamento“ do inspector encargado desta área, Gustavo Lorenzo Prozzo, que se manifesta na intromisión nas prazas solicitadas, cambiando nalgúns casos o seu perfil, no acoso aos cargos directivos e no menoscabo á autoridade do profesorado, nun comportamento que a CIG-Ensino califica de “hostil e arbitario”.

Así mesmo, acúsano de aplicar a normativa dun instituto de Secundaria nun centro no que se imparten estudos superiores, equivalentes ao grao universitario, coas particularidades que teñen estas ensinanzas.

A CIG-Ensino apoiará durante estes tres días de folga as diversas concentracións de protesta, organizadas polo persoal da ESAD, para reclamar a adxudicación das vacantes solicitadas e que se celebrarán nos seguintes lugares:

- LUNS 17: Concentración ás 12 diante do Edificio da Xunta en Vigo.

- MARTES 18: Concentración ás 11 na Xefatura Territorial de Pontevedra.

- MÉRCORES 19: Concentración ás 11 na Xefatura Territorial de Pontevedra.

Galicia: Por la dignidad de los medios públicos y privados "CORROMPIDOS" por el Partido Popular


 

Otros articulos relacionados.....
esafsqarhyazeubebgcazh-CNzh-TWhrcsdanlenettlfifrglkadeelhtiwhihuisidgaitjakolvltmkmsmtnofaplptrorusrskslswsvthtrukurvicyyi