Investigadores, xornalistas e políticos despexarán este venres 27 en Compostela as incógnitas sobre o uso de drons en España e Galicia no marco da II Guerra Fría

XornalGalicia  20 Mayo 2016  1461 Votos

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

dronsGaliciaO intento do PP de agochar contratos, fondos económicos e certificacións de seguridade da base de drons de Rozas, en Galicia, segue a folla de ruta dunha estratexia máis de ampliación das áreas de influencia das potencias occidentais na senda da intensificación da política intervencionista dos países integrados na OTAN. A charla “Galicia e os drons no marco da II Guerra Fría”, que terá lugar na Facultade de Filosofía o vindeiro venres 27 de maio ás 20 horas, dará a coñecer que Galicia non escapa a este convulso escenario.

Dentro dun marco de relacións internacionais caracterizado polo incremento dos conflitos bélicos dirixidos a garantir o mantemento da hexemonía do sistema capitalista, asistimos hoxe a un complexo panorama que Javier Couso, Eurodeputado de Izquierda Unida; Ramón Vázquez Díaz, deputado de Alternativa Galega de Esquerda no Parlamento de Galicia; Roberto Montoya, xornalista especializado en conflitos internacionais e Laura Pérez Rastrilla, investigadora especialista en Propaganda de Guerra, abordarán co fin de despexar as incógnitas deste escenario.

Os casos de Iraq, Ucraína, Libia e Siria non son mais que unha mostra do interese por desestabilizar e intervir en amplas áreas do planeta, para manter activos os motores das economías do chamado primeiro mundo. Ao mesmo tempo, amparada baixo o paraugas do medo e o terrorismo, a OTAN asume funcións de control fronteirizo devorando millóns de euros en recursos de vixilancia e control, mentres se negan as necesidades mais básicas aos que foxen da guerra.

No que a Galicia se refire, o Ministerio de Defensa o Goberno Galego estableceu unha base de Drons no aeródromo de Rozas na Provincia de Lugo. Nestas instalacións desenvolveuse o Proxecto Atlante, mediante o que a defensa Española puxo en funcionamento o primeiro dron de fabricación española na actualidade en proceso de artillaxe.

A unidade de Elite Grosa, dependente do rexemento de Intelixencia Número 1

do Exército, realizou en Rozas os exercicios preparatorios previos ás manobras Trident Juncture realizadas en Zaragoza no mes de novembro de 2015. Dous meses despois e a escasos 20 quilómetros do aeródromo de Rozas, leváronse a cabo as manobras das Forzas Conxuntas de moi alta dispoñibilidade da OTAN nas que participaron efectivos de España, Bélxica, Reino Unido, Portugal, Albania e Polonia. Estas manobras forman parte da estratexia da OTAN para preparar unha “punta de lanza” capaz de despregarse en breve prazo de tempo en calquera conflito.

Diante destes acontecementos e dos desafíos que se nos presentan, resulta fundamental abrir un espazo de debate e intercambio de información no que a cidadanía poida participar en influír en cuestións que afectan directamente á súa seguridade e á integridade doutros pobos, azoutados por cruentas guerras e continuas violacións dos dereitos fundamentais.

Otros articulos relacionados.....
 Buscador Grupo Pladesemapesga con tecnología de Google

En el motor de búsqueda te ayudamos a encontrar exactamente lo que buscas.

 AyTP Acción y Transparencia Publica..

El Palacio de María Pita luce BANDERA A MEDIA ASTA tras anunciar su próxima candidatura #XulioFerreiro convirtiendo las esperanzas de más del 90% de los coruñeses en un "martirio".

Viernes, 08 Diciembre 2017
El Palacio de María Pita luce  BANDERA A MEDIA ASTA tras anunciar su próxima candidatura #XulioFerreiro convirtiendo las esperanzas de más del 90% de los coruñeses en un "martirio".

Su personal modo de ver la política ya reconocida por la mayoría como un fraude "trilero felón" en la que esta acusado de convertir la Ciudad en un estercolero y...