Información
Galicia

O Comité de Empresa de Ambulancias do Atlántico denuncia que se están a facer traslados de doentes infectocontaxiosos e de illamento xunto con outros en connivencia co SERGAS.

Información
18 Agosto 2018 865 votos

061 Sergas accidente ambulanciaO Comité de Empresa de Ambulancias do Atlántico, concesionaria do SERGAS, na Área Sanitaria de Vigo, denuncia públicamente que están a ser trasladados en ambulancias de transporte colectivo doentes infectocontaxiosos e en réxime de illamento, a pesares de estar prohibido, -RD 836/2012-, a empresa faino habendo connivencia por parte do SERGAS. Situacións tan graves coma doentes que están en illamento, por mor da enfermidade que padecen e o risco de contaxio a terceiros, elles retirado dito illamento pro traslado de xeito que acaban compartindo ambulancia con doentes inmunodeprimidos coma poden ser os oncolóxicos, diálise, hematolóxicos, etc.

contagioso, contagiosa
adjetivo
  1. 1.
    [enfermedad] Que se transmite por contagio.
    "las enfermedades contagiosas son producidas por la acción de gérmenes vivos"
  2. 2.
    [idea, sentimiento, actitud] Que se transmite de una persona a otra con mucha facilidad.
    "risa contagiosa; esa mentalidad ha resultado gravemente contagiosa y su ejemplo ha cundido por todo el país"

Mesmo danse situación nas cales dende o H Álvaro Cunqueiro(HAC no sucesivo) e H Povisa, non se informa que determinados doentes están en situación de illamento co cal nin os traballadores toman as medidas preventivas específicas nin se activan os protocolos de limpeza e desinfección adecuados da ambulancia, co cal esta continúa prestando servizos; conlevando un grave risco pra outros doentes, familiares e aos propios traballadores.

As situacións máis comúns: retirada arbitaria do illamento, negación ou ordes contraditorias da mesma, por parte dos hospitais, descoñecemento da lexislación de transporte santario ou directamente, o desleixo, converten ás ambulancias en focos de transmisión de enfermidades, algunhas delas resistentes aos tratamentos actuais. Non queda atrás a pasividade da empresa concesionaria, quen prima o maior número de traslados, tratando coma bultos aos doentes.

A falla de control e de inspección por parte da Consellería, que delega todo na EOXI, dunha materia tan sensible coma é a sanidade, fai que sexa considerado "barra libre" pola concesionaria, o HAC e Povisa. Este xa de por si, deficiente servizo contratado polo SERGAS , vese mermado xa que tanto Ambulancias do Atlántico coma Povisa (hospital privado-concertado) se moven con criterios economicistas, namentras que por parte do EOXI-HAC precisan vender unha imaxe de sufuciencia do "millor hospital de Galicia", cando queda probado a todas luces o contrario... e quen sabe... igual tamén por cartos.

Rematar dicindo que ista situación xa se leva denunciado perante do SERGAS e da Inspeción de Traballo e Seguridade Social.



Otros articulos relacionados.....
esafsqarhyazeubebgcazh-CNzh-TWhrcsdanlenettlfifrglkadeelhtiwhihuisidgaitjakolvltmkmsmtnofaplptrorusrskslswsvthtrukurvicyyi