Información
Galicia

Caballero valora que a Zona Franca investirá 39 millóns de euros na cidade

Información
10 Agosto 2018 1822 votos

Abel Caballero destacou este xoves a aprobación dos orzamentos do Consorcio da Zona Franca de Vigo, agora presidida por David Regades, e valorou o feito de que 39 dos 41 millóns previstos no capítulo de investimentos están destinados á cidade.


"Foi un pleno moi importante, polo contexto e polo fondo, por todo o que acaba de suceder, entraron novos membros, algún deles inxustamente cesado", sinalou o alcalde en relación ao empresario Manuel Rodríguez. Ademais, Caballero deu a benvida á exministra Elena Espinosa e a Ana Mejías, profesora da Escola de Enxeñeiros Industriais, a que cualificou como "problablemente a maior experta en organización".

O alcalde incidiu en que coa chegada de David Regades "cambia a forma de entender a Zona Franca e convértese en dinamizador da cidade de Vigo, esta é a gran novedade, agora desde aquí todos remamos en favor da economía da cidade, xa non hai influencias para utilizar a Zona Franca con cosas que nada ten que ver con Vigo".

"Hai que facer cidade e economía, un dato moi significativo nos orzamentos é que dos 41 millóns de investimento, 39 materialízanse na cidade de Vigo, é moi importante, porque vai a tirar da cidade", sinalou Caballero.

Ademais, o rexedor incidiu nos proxectos postos en marcha por Regades para a automoción e para o Parque Tecnológixo e Loxístico (PTL) de Valadares. "Vigo é dinamizador de toda Galicia, esta acción no núcleo central ten que enlazar cos novos tempos, estamos en tempos distintos para entender as cidades e a economía, vexo con entusiasmo o que está a suceder, o máis importante que pode haber en Galicia é mobilizar a cidade de Vigo, se tira Vigo, tira toda Galicia, este é o papel que Zona Franca ten que xogar", engadiu.



Otros articulos relacionados.....
esafsqarhyazeubebgcazh-CNzh-TWhrcsdanlenettlfifrglkadeelhtiwhihuisidgaitjakolvltmkmsmtnofaplptrorusrskslswsvthtrukurvicyyi