Información
Galicia

CCOO-Sanidade recorrerá xudicialmente a «discriminatoria do Goberno de Feijóo» carreira profesional do SERGAS

Información
10 Agosto 2018 502 votos

No centro, Ángel Cameselle, durante a conferencia de prensa de hoxeA Federación de Sanidade de CCOO de Galicia anunciou que vai recorrer xudicialmente a «discriminatoria» carreira profesional do SERGAS, que «deixa fóra» dos seus beneficios milleiros de traballadores e traballadoras. Segundo os cálculos do sindicato, verase afectadas unhas 12.000 persoas, isto é, un terzo do persoal sanitario público.

Con este recurso, que se presentará nos próximos días, o sindicato non pretende paralizar a carreira profesional, senón que os seus efectos se estendan a todo o persoal da sanidade pública. «Queremos unha carreira profesional para todas e todos», enfatizou Ángel Cameselle, secretario xeral de CCOO-Sanidade.

Segundo o sindicalista, o persoal temporal, o funcionario e o laboral queda fóra desta carreira profesional. No caso dos dous últimos colectivos, se pretenden facer carreira deberán solicitar a condición de persoal estatutario, «o que significa tanto a perda do seu réxime xurídico como das condicións laborais actuais», apunta. Por esta razón, Cameselle agarda que en Galicia aconteza o mesmo ca noutras comunidades autónomas, como Asturias ou Castela e León, onde a Xustiza obrigou a igualar os dereitos do persoal indefinido e interino.



Critica as présas doutros sindicatos

O secretario xeral de CCOO-Sanidade salientou que o Consello Nacional da federación decidiu «por unanimidade» rexeitar a proposta de carreira profesional da Xunta. «Chegamos a esta decisión após un longo debate interno. Non sabemos como outras organizacións puideron tomar a decisión só en hora e media e unicamente cunhas promesas formuladas de palabra que non cadran co que hoxe publica o Diario Oficial de Galicia», critica Cameselle.

Galicia: Por la dignidad de los medios públicos y privados "CORROMPIDOS" por el Partido Popular


 

Otros articulos relacionados.....
esafsqarhyazeubebgcazh-CNzh-TWhrcsdanlenettlfifrglkadeelhtiwhihuisidgaitjakolvltmkmsmtnofaplptrorusrskslswsvthtrukurvicyyi