Información
Galicia

Xornal Galicia Norte A Coruña Lugo Ferrol Santiago

Información
10 Agosto 2018 321 votos

O xornal “Galicia” (1922-1926) O alento da modernidade e o Xornal Galicia do 2002

A Fundación Barrié quere render unha homenaxe ao xornal Galicia, editado por Valentín Paz Andrade en Vigo entre 1922 e 1926, e unha das cabeceiras de prensa máis avanzadas e significativas da historia xornalística de Galicia. A exposición, producida pola Fundación Barrié e comisariada por X.L. Axeitos, secretario da Real Academia Galega, foi posible grazas a préstamos procedentes da propia Real Academia Galega, o Museo de Belas Artes da Coruña, a Colección Novagalicia Banco, coleccións particulares así como aos fondos propios da Fundación Barrié.

Entre o 25 de xullo de 1922 e o 15 de setembro de 1926, Galicia contou cun xornal moderno que, dende o ilusionante comezo da súa andaina até a súa abrupta desaparición, prestou atención á composición das súas páxinas, á opinión crítica presente nos seus editoriais, sección que só se facía con regularidade en El Sol,e ao humor, probablemente caso único en toda a prensa peninsular da época, onde a caricatura funcionaba como contrapunto ao editorial.

Outra das achegas que o Galicia incorporou á prensa galega foi, xunto á insólita apertura franca aos artigos en galego na prensa diaria da época, a de contar, de maneira esporádica ou permanente, cun relevante equipo de colaboradores autóctonos (“As mellores plumas do país” dicía Valentín Paz Andrade) entre os cales salientan personalidades do talle de Alfonso Daniel R. Castelao, Manuel Antonio, Vicente Risco, Rafael Dieste, Antón e Ramón Villar Ponte ou Luis Ksado. No xornal naceron varias das series gráficas e literarias de Castelao, como Cousas da Vida, Os Homes ou Os Cegos, Retrincos, etc., as Lerias de Risco, as crónicas de Ramón Otero Pedrayoasí como outras colaboracións non por pouco coñecidas menos notables, como as do arquitecto Antonio Palacios ou Amor Ruibal.

 

http://culturagalega.gal/imaxes/docs/indice_xornal_galicia.PDF

O Xornal Galicia do 2002

Ante os cambios de hábitos e tecnoloxías, os xornais tradicionais rexistran certo retroceso e, ao contrario, os xornais digitales teñen unha progresión moi grande e continua. Os nosos medios www.actualidadiberica.com - www.diariomaritimo.com - www.xornaldegalicia.es - www.xornalgalicia.com - www.xornalgaliciasur.com - www.xornalgalicianorte.com - www.accionytransparenciapublica.com - www.redacuicola.com - www.redacuicultura.com - www.ventanadeportiva.com - www.miradordeportivo.com son só algunhas das nosas cabeceiras onde poderán atopar os temas a datos galegos do seu interese segmentados nos puntos máis expecializados.

 Cunha media consolidada de visitas diarias e unha progresión de lectores da orde do 20% cada mes, convertémonos/convertémosnos no xornal dixital de referente informativo no marco de España.

 Desde os nosos comezos, seguimos unha liña editorial baseada na veracidad da noticia e a investigación da mesma.

 Esta conduta levounos a ser a referencia xornalística e a referencia no exterior onde chegamos en máis de 40 idiomas e mais de un millón de entradas . accesos as nosas webs.

Xornal Galicia Norte A Coruña Lugo Ferrol Santiago..(+)  

A Coruña

Lugo

Santiago

Xornal Galicia Sur Pontevedra Ourense Vigo...(+)

busca

Reino de Galiza
? 410–1833 ?
Bandeira Escudo
Lema: Hoc hic misterium fidei firmiter profitemur
Himno: Marcha Solemne do Antigo Reino de Galiza
Localización do Reino de Galiza e a súa extensión no século XI (en vermello). Continente europeo (en castaño claro e branco).
Capital Braga, Tui, Oviedo, León, Lugo, Santiago de Compostela, A Coruña[1]
Lingua Latín vulgar e outras linguas dende o século V, galego dende o IX e castelán dende o XVI.
Relixión Maioritariamente catolicismo dende o ano 449
Goberno Monarquía propia e compartida.
Lexislatura Xunta do Reino de Galicia
Historia  
 • Establecido 410
 • Disolución 1833
Moeda Sólido Galiciano, marabedí
Cronoloxía do Reino de Galiza
409 Os suevos encabezados polo rei Hermerico pactan un foedus con Roma e establécense formalmente na provincia romana da Gallaecia, que pasa a ter rango de reino, con capital en Braga.
438 O rei Requila leva a cabo a expansión sueva pola Lusitania e Bética
448 Morre Requila en Emerita Augusta, o seu fillo Requiario herda o trono.
449 O rei suevo Requiario converte o reino ao catolicismo.
456 Ten lugar a batalla do Órbigo, onde unha coalición de romanos, visigodos e francos derrota aos suevos acabando coa vida do rei Requiario.
457 O herulo Aguiúlfo proclámase rei da Galiza.
457-463 Guerra civil entre os diversos reis suevos que pretenden o trono de Braga.
463 Remismundo logra impoñerse sobre os seus opositores e se coroa rei da toda a Galiza.
550 Carriarico, rei de Galiza, converte o reino ao catolicismo.
561 Celébrase o Primeiro Concilio de Braga durante o reinado de Teodomiro
572 Celébrase o Segundo Concilio de Braga, auspiciado polo rei Miro.
583 Fracasa a alianza que o rei Miro mantiña con francos e bizantinos para intervir na guerra civil visigoda.
585 O rei visigodo Leovixildo depón ao rei suevo Andeca, facendose deste xeito co reino. Os visigodos gobernarán Galiza ata o ano 711.
587 Celebrase o III Concilio de Toledo, ao que asisten bispos de Galiza, España e Septimania.
698-702 O príncipe visigodo Witiza goberna Galiza con atribución reais, dende a súa corte en Tui.
711 Desembarca en Tarifa un continxente militar musulmán en apoio dos fillos de Witiza. Derrota e morte do rei visigodo Rodrigo.
714 e 719 España e Septimania son respectivamete tomadas polos exércitos musulmáns. Fin da monarquía visigoda.
711-791 A ausencia da autoridade real, ocasiona que os nobres galaicos comecen a disputarse o control sobre Galiza. Período de conformación dun novo reino cristián na Galiza.
791 Afonso II fixa a capital do reino Galiza na cidade asturiana de Oviedo.
794 Bispos galegos acoden ao sínodo relixioso celebrado en Frankfurt.
818 - 847 Descubrimento dos restos atribuídos ao apóstolo Santiago o Maior.
842 Ramiro I derrota a Nepociano que usurpara o trono de Oviedo.
910 Afonso III é destronado polo seu fillo García que se coroa rei, e instala definitivamente na cidade de León a corte de Galiza.
997 O xeneral musulmán Almanzor saquea a cidade de Compostela.
1027 Morre o rei Afonso V dun frechazo durante o asedio a Viseu.
1037 Morte de Vermudo III de Galiza na batalla de Tamarón, contra casteláns e navarros.
1065 García de Galiza herda o territorio do reino de Galicia (xunto co condado de Portugal e a protección e parias de Badaxoz e Sevilla), volvéndose este independente.
1071 García de Galiza vese obrigado a se exiliar debido á entrada en Galiza do seu irmán Afonso VI, coaligado co outro irmán, Sancho II.
1111 Coroación de Afonso Raimúndez como rei de Galiza na Catedral de Santiago de Compostela.
1128 Afonso Henriques independiza o condado de Portugal do reino de Galiza.
1230 Fernando III de Castela usurpa ás súas irmás os reinos de Galiza e León.
1296-1301 O rei Xoán I restaura a independencia galego-leonesa e titúlase rei de Galiza, León e Sevilla.
1369 A vilas galegas proclaman como o seu rei a Fernando I de Portugal, este logra reinar apenas uns meses ata que Henrique de Trastámara ataca Portugal.
1386-1388 Alianza entre nobres galegos e Inglaterra. John of Gaunt, duque de Lancaster, é coroado rei en Galiza.
1467-1469 Estala o conflito civil da Gran Guerra Irmandiña.
1483 Execución de Pero Pardo de Cela diante da Catedral de Mondoñedo por orde do Gobernador dos Reis Católicos en Galiza.
1486 Os Reis Católicos viaxan ao reino para constatar o sometemento de todos os nobres galegos.
1518 Mobilización das cidades e vilas galegas para recupera-lo seu voto lexítimo en Cortes.
1623 O reino recupera o voto das cortes reais tras pagar 100 000 ducados.
1808 Formación da Xunta Suprema do Reino de Galiza coa fin de defender o reino ante os exércitos napoleónicos. Recuperación de atribucións de autogoberno extraordinarias.
   
1833 A rexente María Cristina de Borbón-Dúas Sicilias asina o decreto da disolución da Xunta Suprema do Reino.

O Reino de Galicia ou Reino de Galiza foi unha entidade política situada no suroeste de Europa, que durante a súa etapa de apoxeo territorial, ocupou gran parte do norte e noroeste da Península ibérica. Fundado polo rei suevo Hermerico no ano 410, e establecida a súa capital en Braga,[2] foi o primeiro reino que adoptou oficialmente o catolicismo e que emitiu moeda propia (ano 449).[3] Tras o goberno temporal dos monarcas visigodos (585-711) reorganizouse nos séculos VIII e IX, desprazando a súa capital desde Tui ata Oviedo e León, establecéndose como principal reino cristián da Península ibérica.

Consolidada Compostela como capital do reino desde o século XI, a separación de Portugal (1128) e a individualización dos reinos de Castela e León tras o ano 1065, delimitaron o seu territorio practicamente ó actual. Mantivo unha soberanía política plena —compartindo rei co reino de León— ata o ano 1230 cando o rei castelán Fernando III usurpou o trono poñendo temporalmente o reino baixo control da coroa de Castela.

Os conflitos sucesorios e as tentativas de independencia mediante entronizacións de reis non casteláns como Xoán de Borgoña (1296), Fernando I de Portugal (1369) ou Xoán de Gante (1386) permitíronlle gozar de soberanía fáctica ata que en 1486 os Reis Católicos someteron o reino polas armas. Desde entón o reino estivo subxugado á coroa de Castela (1486-1715) e posteriormente á coroa de España (1715-1833), adquirindo a súa Xunta Suprema (1808-1812) amplas liberdades ó ser o único reino peninsular libre de ocupación napoleónica, pouco antes de ser disolto por María Cristina de Borbón-Dúas Sicilias en 1833.

Índice

Otros articulos relacionados.....
esafsqarhyazeubebgcazh-CNzh-TWhrcsdanlenettlfifrglkadeelhtiwhihuisidgaitjakolvltmkmsmtnofaplptrorusrskslswsvthtrukurvicyyi