Información

Dez cancións pasan á segunda fase do concurso Quero Cantar

Información
18 Mayo 2016 2755 Votos

Ratio: 5 / 5

Inicio activadoInicio activadoInicio activadoInicio activadoInicio activado
 

Uxía, Ugia Pedreira, Lydia Botana, Alba María e Tomi López –do grupo Mamá Cabra- foron as artistas encargadas de seleccionar as cancións que continúan na segunda fase do Quero Cantar, o concurso musical infantil convocado pola área de Cultura da Deputación da Coruña.

Nunha reunión que tivo lugar o pasado venres e que contou coa presenza da responsábel da área de Cultura, Goretti Sanmartín –sen voto- as creadoras valoraron as 17 cancións admitidas na primeira fase e seleccionaron 10 delas, atendendo a criterios como a calidade musical e literaria dos temas ou a súa adecuación ao público infantil. As cancións que continúan andaina nesta primeira convocatoria do certame son:

-Escola, de Xente Miúda de San Orente (Serra de Outes) -Eu vivo, dos bananas, (A Coruña) -A árbore tropical, de Leila Santos (Porto do Son) -Soños, do grupo da Escola Manuela Rial Mouzo, (Cee) -Antón, de Proxecto Nordés (Cee) -Durme, Elsiña, de Colaxe, (Laxe) -Queremos cantar, do grupo Cantadeiras, do Ceip Camiño Inglés (Oroso) -Imos ver, do grupo Canta con nós, (Ferrol) -Samaín, da Banda batuke do Colexio fillas de Xesús (A Coruña) -Miña terra galega, de Aarón e Miriam (Culleredo)

"Poñer a nenas e nenos a cantar na nosa lingua foi xa un dos obxectivos desta primeira fase que procura animar a crear en galego a través da música", explicou a vicepresidenta e responsábel da área da Deputación da Coruña, Goretti Sanmartín para quen a iniciativa, "acompaña un momento especialmente vizoso na música en galego destinada a infancia, do que son proba as participantes neste xurado de excepción".

Votación na rede para a nova fase a partir do 23

Estas dez agrupacións acceden xa ao primeiro dos premios que concede o concurso, a gravación en estudio e a posterior edición conxunta nun disco que se ha distribuír entre centros educativos públicos de toda Galicia. Mais o concurso continúa e o vindeiro luns, día 23, dá comezo a segunda fase, unha votación aberta ao público na páxina en Facebook de Quero Cantar, cuxo propósito é escoller as cinco cancións que no vindeiro mes de xuño han participar na gala final do Teatro Colón da cidade da Coruña. Alí, ante o público e ante un xurado formado por cinco nenas e nenos de diversas etapas de educación primaria, os cinco finalistas deberán interpretar en directo as súas cancións, para que se decida así a proposta gañadora absoluta do Quero Cantar 2016. O premio para esta proposta gañadora consiste na gravación dun videoclip e en 300 euros para a compra de material musical.

Tanto as cancións seleccionadas como o resto das presentadas continúan dispoñibles ao público na páxina www.querocantar.gal

 


Mar Sanchez Sierra, asesora personal de Feijóo aparece relacionada con turbios negocios relacionados con fallecidos y incendios forestales que califican ellos mismos de terrorismo incendiario

marsanchezsierra secretariademediosentramdopiramipdal 29 7 2018La asesora personal de Feijóo  monto o financió "una estructura de colaboración estable de fondos públicos con miembros del PP" familiares del brigadista fallecido en Fornelos de Montes que alcanza a un turbio negocio de los incendios forestales en la Xunta de Galicia y Rosa Quintana.

La Secretaria de Medios de la Xunta nombrada por Feijóo, Mar Sanchez Sierra alimenta un "entramado de empresas piramidal" de miembros del PPdeG con fondos públicos de la Xunta de Galicia bajo convenios y adjudicaciones a dedo con Adelaida Dominguez socia y administradora única de varias sociedades de una red de empresas para acceder a contrataciones públicas en la Xunta de Galicia y instituciones donde gobierna el PPdeG. En paralelo los fallecidos en Fornelos de Montes y incendios forestales dejan al descubierto un "negocio de fondos públcios" de inmensas y gigantescas proporciones, donde lo único que cuenta es el dinero público a manos llenas a través de fundaciones, Cetal, Seaga, Fremss, venta de helicópteros, campañas a medios de comuniación de prevención de incendios, manipulación informativa..Brigas Aerotransportadas, etc ....(+).

2. La asesora de Feijoo María del Mar Sanchez financia la venta de ropa laboral y calzado, ropa de policía, cursos de policía, páginas web a gobiernos del PPdeG ...
3. La administradora de varias empresas y convenios con la asesora de Feijóo, Mar Sanchez Sierra solicitó viviendas de protección oficial en varios puntos de Pontevedra. ...
4. Una asesora de Feijóo facturó irregularmente más de 400.000 euros  ... 5. https://www.google.es/search?q=corrupción+informativa+xunta+galicia....(+)

Otros articulos relacionados.....
esafsqarhyazeubebgcazh-CNzh-TWhrcsdanlenettlfifrglkadeelhtiwhihuisidgaitjakolvltmkmsmtnofaplptrorusrskslswsvthtrukurvicyyi