Información
Galicia

Feijóo esta a desvíar fondos de I+D+i da Xunta de Galicia para costear outro novo edificio na Cidade da Cultura

Información
19 Julio 2018 511 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

51e10dd37ff0d 101104 premio 09cA viceportavoz parlamentaria, Olalla Rodil, denuncia que o Goberno galego transvasou 700.000 € do Plan de financiamento do sistema universitario galego, destinados a I+D+i, para sufragar a construción dun novo edificio na Cidade da Cultura.

“É escandaloso que os recursos públicos en investigación vaian para cemento e para seguir aumentado o número de edificacións nunha Cidade da Cultura que segue a ser un pozo sen fondo porque vampiriza recursos públicos a esgalla sen apenas beneficio para o país”, denunciou a deputada portavoz parlamentaria de Cultura.

 

Ademais, lembra Rodil, a construción dunha nova edificación “supón o incumprimento do acordo parlamentario que en marzo de 2013 paralizou de maneira definitiva as obras da Cidade da Cultura”, acordo que o PP “se salta con total menosprezo as decisións da Cámara galega”. Neste caso, co agravante de que implica un novo recortazo nunha das partidas máis importantes do Plan de financiamento do SUG, “que vén soportando importantes recortes nos últimos anos”, sinalou.

“De novo, a Xunta de Feixóo aposta polo cemento en lugar de pola investigación e polo desenvolvemento, que son claves para un crecemento económico competitivo que se traduza en emprego de calidade”, argumentou.

A deputada nacionalista lembrou que no último pleno instou á Consellaría de Educación e Cultura a procurar alternativas máis económicas, -que o xa bautizado como Edificio Fontán-, para acoller os organismos universitarios que prevé instalar na Cidade da Cultura. Unha obra na que o Goberno galego, sinalou Rodil, “leva gastados máis de 300 millóns de euros públicos”.

lineaazul 1600

Otros articulos relacionados.....

Un total de 32 espectáculos e máis de 300 profesionais concorren...

A Semana das Industrias Culturais e Creativas, organizada...

Os orzamentos do 2018 recolleron unha suba que apenas supuxo 20...


Esquema dos conos proxectados durante unha eclipse. Foto:...