Información
Galicia

Carmela Silva oferta plazas no campamento da Lanzada a cambio de "obrigar aos nenos e nenas" a escoitar contra a súa vontade un "mítin" de caracter político sobre as violencias machistas.

Información
17 Julio 2018 303 votos

downloaded 1607 violencia zero a lanzada minnsp 233 Os nenos e nenas que se anotaron aos campamentos da Lanzada financiados pola Diputación, se viron obrigados a escoitar un "mitin con marcados signos políticos de Carmela Silva" privando así aos menores de disfrutar de seu tempo de ocio que foi o fin para o que se anotaron a ese campamento...As ensinanzas sobre violencia smachistas seggúne xpertos consultados por Xornal Galicia, deben ser ofertadas por profesores cualificados non por políticos ansiosos de espectáculo e asistentes que nada entenden do que se lles esta a decir en momentos de ocio, esa situación según os expertos solo demostra o "DERRAPE" de algúns políticos desenfrenados sin control de ningún tipo utilizando os menores para adoctrinalos as suas propias e personales inquedanzas fora de lugar.  200 rapazas e rapaces do programa "Depo Aventura A Lanzada" forn sometidos-contra a súa voluntad (ninguen lles preguntou) no seu tempo de ocio polos políticos da Deputación da Pontevedra a un mítin de marcado caracter político.

O comunicado da Deputación feito a medida do uso dos nenos e nenas do gabinete da Deputación de Pontevedra, un "modus operandi" denunciado pola ciudadanía contra o PPdeG cando enganaba presuntamente a pensionistas con vacacions de placer sometendoos en carpas a mitines políticos:

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, e a deputada de Igualdade, Isaura Abelairas, asistiron esta mañá, no Centro Vacacional da Lanzada, á presentación da décimo sexta intervención artística do programa "Mulleres en Acción. Violencia Zero", unha iniciativa da Deputación de Pontevedra que busca darlle visibilidade á loita contra as violencias machistas e dar a coñecer ás artistas contemporáneas que están a traballar a prol da igualdade.

Ao acto asistiron os 200 nenos e nenas que están a participar na cuarta quenda dos campamentos de verán "Depo Aventura A Lanzada", que interactuaron activamente coa artista, e aos que a Presidenta da Deputación de Pontevedra pediu a súa implicación activa na loita contra a violencia machista. "As crianzas teñen que vir con nós neste camiño. Mírovos a todos e todas vós e creo que vai cambiar todo porque nun futuro seredes persoas formadas que viviredes nunha sociedade máis avanzada e que entenderedes que a igualdade nos fai máis felices a todas e todos".

A artista, Paula Fraile, foi a encargada de denunciar este tipo de situacións mediante o pintado dun gran mural titulado ‘Indiferenza' nunha das paredes das pistas deportivas do Centro Vacacional da Lanzada. Con esta obra, que está previsto que remate ao longo do día de hoxe, Fraile reflexa os momentos de violencia machista que ela viviu en primeira persoa a través de cores que transmitan esperanza. A artista comentou coas rapazas e rapaces, que lle fixeron incesantes preguntas, o significado da súa obra e o xeito no que pinta os murais.

Silva lembrou durante o acto ás 27 mulleres asasinadas polas violencias machistas no que vai de ano. "Isto e insoportable. Ademais, os últimos datos indican que, en Galicia, os casos de violencia machista aumentaron un 17%", indicou a Presidenta, que tamén sinalou "a enorme capacidade da arte para cambiar as conciencias", razón pola que "temos que darlle visibilidade ás mulleres da cultura para que plasmen dende a súa arte o rexeitamento fronte ás violencias que sofren as mulleres".

Ante os rapaces e rapazas, de entre 8 e 13 anos, Carmela Silva tamén lembrou a loita histórica das mulleres por ser recoñecidas no ámbito público. "Durante séculos e séculos ás mulleres ocultáronnos e silenciáronnos. Dixéronnos que o noso posto no mundo é no ámbito privado. Por exemplo, coidando ás persoas maiores, ás persoas con diversidade funcional, aos enfermos e enfermas... Pero nós cansámonos e dixemos que non. Nós queremos utilizar todos os espazos. E isto estase a producir grazas a que moitas mulleres se organizaron durante anos para poder reclamar os nosos dereitos", asegurou a Presidenta, que a modo de exemplo lles preguntou ás rapazas e rapaces "por que tivemos que esperar 40 anos a que houbese unha muller Presidenta dunha Deputación en Galicia?", ou "por que non houbo nunca ningunha Presidenta da Xunta nin ningunha do Estado?".

 

Otros articulos relacionados.....
esafsqarhyazeubebgcazh-CNzh-TWhrcsdanlenettlfifrglkadeelhtiwhihuisidgaitjakolvltmkmsmtnofaplptrorusrskslswsvthtrukurvicyyi