Información
Galicia

O PPdeG na Xunta logra o imposible, que os concellos afins esgoten as axudas cando non funcionaba a web da Xunta

Información
16 Julio 2018 347 votos

O PSdeG ESIXE SABER QUE CONCELLOS SE BENEFICIARON DAS AXUDAS DE DESENVOLVEMENTO DE NÚCLEOS QUE SE ESGOTARON NUNHAS HORAS NAS QUE NON FUNCIONABA A WEB DA XUNTA

A vicevoceira do Grupo Socialista, Patricia Vilán, detalla que a convocatoria saíu un venres e que a páxina non estivo operativa ata o luns seguinte, pero xa non quedaban fondos para estas axudas

 

Santiago de Compostela, 16 de xullo de 18. O Grupo Parlamentario Socialista esixe saber que concellos se beneficiaron das axudas de desenvolvemento de vilas e núcleos con criterios de sustentabilidade ambiental que se publicaron o pasado día 4 de maio.

E é que, como explicou a vicevoceira do Grupo Parlamentario Socialista, Patricia Vilán, a esta convocatoria, que se publicou o venres día 4 de maio, só se podía acceder por vía telemática, e á mañá do luns día 7 xa estaba esgotado o crédito a pesares de que a páxina web da Xunta "non funcionou" nese lapso de tempo.

Por este motivo, xa o pasado 21 de maio, o Grupo Socialista presentou distintas iniciativas para coñecer "por que a páxina da Xunta non funcionou ata ben avanzada a mañá do luns 7 de maio, e cando o límite de orzamento xa estaba esgotado" e cales foran os municipios que obtiveron eses fondos.

Así mesmo, ante o retraso da Xunta en responder sobre os concellos que puideron beneficiarse destas subvencións, Patricia Vilán anunciou que reclamará acceder a esta información a través do artigo 9 do Regulamento do Parlamento.

Otros articulos relacionados.....
esafsqarhyazeubebgcazh-CNzh-TWhrcsdanlenettlfifrglkadeelhtiwhihuisidgaitjakolvltmkmsmtnofaplptrorusrskslswsvthtrukurvicyyi