Información
Galicia

O BNG insta á Fiscalía Anticorrupción a actuar contra Juan Carlos I por branqueo e evasión fiscal

Información
15 Julio 2018 261 votos

O BNG reclama a intervención da Fiscalía anticorrupción para investigar posibles delitos de tráfico de influencias, branqueo de capitais e de evasión fiscal por parte da Monarquía a través da figura do Rei emérito, tras as informacións desveladas e publicadas nos últimos días.

https://www.facebook.com/obloque/photos/a.141819989200972.22513.128341470548824/1692473424135613/?type=3

A formación nacionalista denuncia a impunidade e a inmunidade da monarquía española, que afonda no fracaso do réxime do 78. “Estamos ante a constatación das relacións turbias entres as grandes empresas cos poderes do Estado, neste caso a Monarquía, unha realidade que remite tamén aos pozos negros da Transición, que aínda están sen depurar e sen limpar no sistema político español”, salientou o deputado Luís Bará, portavoz parlamentario para temas relacionados coa memoria histórica.

“Pensamos que este tipo de informacións evidencian con toda crueza o carácter anacrónico, antidemocrático, -por ser herdeiro do franquismo-, clasista, machista e corrupto dunha institución como a monarquía que, desde o punto de vista do BNG, ten que desaparecer definitivamente por ser incompatible coa democracia e, polo que estamos a comprobar, incompatible coa ética e co respecto aos principios elementais dun Estado de dereito”, alegou Bará.

A formación nacionalista tamén denuncia a situación legal de “inviolabilidade” do Rei emérito, de tal xeito que se daría o disparate de que aínda que o que desvelan as informacións xornalísticas fose probado, -e mesmo outras cuestións-, non podería ser xulgado nin condenado, unha circunstancia máis propia dun réxime medieval que dunha democracia do século XXI, cuns privilexios que non son asumíbeis nunha sociedade democrática e avanzada.

Igualmente, o BNG trae a colación as afirmacións de Iñaki Urdangarín, cuñado do Rei Felipe VI e agora en prisión, cando declaraba que non fixera nada “que non vira facer ao resto”.

E mesmo máis aló destas información, que revelan que se pode estar ante un novo caso de corrupción nesta institución, o Bloque lembra o “nefasto” papel xogado pola Monarquía no caso de Catalunya.

Otros articulos relacionados.....
esafsqarhyazeubebgcazh-CNzh-TWhrcsdanlenettlfifrglkadeelhtiwhihuisidgaitjakolvltmkmsmtnofaplptrorusrskslswsvthtrukurvicyyi