Información
Galicia

As familias que denunciaron a estafa de Construcuatro (Alcalde de Sanxenxo polo PPdeG) deben ser as primeiras en recuperar os cartos

Información
08 Julio 2018 351 votos

el diputado millonario que pidio un subsidio al congreso copiaO BNG insta á Xunta, en particular a consellería de Infraestruturas e Vivenda que dirixe Ethel Vázquez, a que a trintena de familias que denunciaron os sobrecustes na compra de vivenda protexida por parte de Construcuatro sexan as primeiras en recuperar o diñeiro estafado pola empresa do alcalde do PP de Sanxenxo, Telmo Martín amigo de Rajoy e de Feijóo.

 

A portavoz nacional, Ana Pontón, considera que é o lóxico e o máis xunto coas persoas “que foron valentes e deron o paso de denunciar” e soportaron un periplo xudicial de doce anos, que concluíu con cinco sentenzas favorables, a última do Tribunal Supremo, condenando á empresa do “alcalde e promotor corrupto” a devolver 1,3 millóns de euros cobrados ilegalmente en negro, -800.000 correspondentes ás familias denunciantes-, e a pagar unha sanción á Administración de 2,4 millóns de euros.

“É unha cuestión de xustiza e de sentido común porque estamos falando de traballadores e traballadoras que loitaron durante doce anos con poucos medios e moito esforzo para recuperar o seu diñeiro”, subliñou Pontón, tras lembrar que foi a daquela conselleira nacionalista de Vivenda, Teresa Táboas, quen abriu o expediente á empresa de Martín e quen puxo en marcha o Rexistro único de demandantes de vivenda protexida para impedir estafas como as perpetradas pola construtora do rexedor popular.

A dirixente do Bloque cualificou de “inconcibible” que un cargo público condenado por estafa na venta de vivenda protexida non presentase a súa dimisión ou fose cesado polo seu partido, “que siga como si nada á fronte da Alcaldía de Sanxenxo da unha idea de até que punto o PP está instalado na corrupción e mostra tamén cal é o listón democrático e ético do Partido Popular e do seu máximo responsable en Galiza o señor Núñez Feixóo”, denunciou.

Pontón mantivo un encontro cunha representación das persoas que denunciaron fai doce anos a Construcuatro, acompañadas do seu responsable xurídico, Antonio Salceda, da concelleira do BNG en Sanxenxo, Sandra Fernández, -quen subliñou que Telmo Martín era tamén alcalde deste concello no momento da estafa-, e do responsable local do Bloque en Vigo, Manuel Caride, xa que as vivendas protexidas polas que chegaron a pedir un sobrecuste de 60.000 euros están ubicadas no barrio vigués de Navia.

Nun momento no que o prezo da vivenda no mercado libre estaba disparado en plena burbulla inmobiliaria, e cando para a maioría das familias o acceso a un piso só era posible a través do prezo taxado da vivenda protexida, o modus operandi da empresa de Telmo Martín estaba baseado na chantaxe de “se queres a vivenda protexida tes que pagar unha cantidade en B”. A estafa pretendía xustificarse con supostas melloras construtivas que non existían, ademais de que, baixo ningún concepto, se pode incrementar o prezo da vivenda protexida, como quedou determinado polo Tribunal Supremo.



Otros articulos relacionados.....
esafsqarhyazeubebgcazh-CNzh-TWhrcsdanlenettlfifrglkadeelhtiwhihuisidgaitjakolvltmkmsmtnofaplptrorusrskslswsvthtrukurvicyyi