Información
Galicia

RC Celta elixe Galicia para realizar a súa pretempada

Información
06 Julio 2018 894 Votos
 
 

A Madroa, A Toxa e Portonovo acollerán ao equipo vigués durante a súa preparación

A conta atrás para a volta ao traballo do primeiro equipo comezou. Os xogadores regresan este luns 9 de xullo ás instalacións deportivas da Madroa para iniciar unha pretempada na que Galicia será a gran protagonista.

 

Ao contrario que outros anos, nos que o groso da preparación estival do equipo tivo lugar en lugares como Marbella, Austria ou Inglaterra; o RC Celta quedará nesta ocasión na comunidade galega, a súa casa, na Madroa (Vigo), Illa da Toxa (O Grove) e Portonovo, lugares únicos que cobren con garantías todas as necesidades do plantel e o corpo técnico nesta esixente primeira etapa do ano deportivo.

A Madroa vivirá o pistoletazo de saída o luns 9 de xullo pola mañá. Aí, nas instalacións célticas, o equipo exercitarase durante unha semana, ata o domingo 15 de xullo, día no que o cadro vigués iniciará a concentración na Toxa.

O “Hotel Eurostars Isla de La Toja” será o cuartel xeral dos de Antonio Mohamed durante nove días nos que o equipo desenvolverá a súa actividade diaria na illa e a súa contorna: traballo de campo no estadio do Portonovo SD (Campo de Baltar), actividade física sobre a area das inigualables praias da zona, ximnasio no hotel…

O día 23 de xullo é a data sinalada para regresar a Vigo onde, fóra dos desprazamentos puntuais a Portugal e Inglaterra para disputar partidos amigables, o equipo permanecerá ata o inicio dunha nova e emocionante tempada.

A realización da pretempada do RC Celta en Galicia responde a unha aposta da entidade viguesa por pór en valor as virtudes e potencial extraordinarios da comunidade galega. O RC Celta proponse proxectar nacional e internacionalmente tanto a súa propia marca como a de Galicia, ambas históricamente ligadas desde o mesmo nacemento do club celeste hai 95 anos.

CALENDARIO CONFIRMADO PRETEMPADA 2018

09/07 – Inicio da pretempada na Madroa (Vigo)

15/07 al 23/07 – Concentración en A Toxa (O Grove)

23/07 – Regreso a Vigo

27/07 – Amigable SC Braga-RC Celta (20:30 hora local, Braga)

01/08 – Amigable Southampton-RC Celta (19:45 hora local, Southampton)

04/08 – Amigable Fulham-RC Celta (15:00 hora local, Londres)

 


Mar Sanchez Sierra, asesora personal de Feijóo aparece relacionada con turbios negocios relacionados con fallecidos y incendios forestales que califican ellos mismos de terrorismo incendiario

marsanchezsierra secretariademediosentramdopiramipdal 29 7 2018La asesora personal de Feijóo  monto o financió "una estructura de colaboración estable de fondos públicos con miembros del PP" familiares del brigadista fallecido en Fornelos de Montes que alcanza a un turbio negocio de los incendios forestales en la Xunta de Galicia y Rosa Quintana.

Xornal Galicia presenta denuncia en la Comisaría de Policía contra María del Mar Sánchez Sierra “Secretaria de Medios y Asesora de Feijóo” por el uso de fondos públicos para financiar plagios y derechos intelectuales de medios de comunicación. (+)

La Secretaria de Medios de la Xunta nombrada por Feijóo, Mar Sanchez Sierra alimenta un "entramado de empresas piramidal" de miembros del PPdeG con fondos públicos de la Xunta de Galicia bajo convenios y adjudicaciones a dedo con Adelaida Dominguez socia y administradora única de varias sociedades de una red de empresas para acceder a contrataciones públicas en la Xunta de Galicia y instituciones donde gobierna el PPdeG. En paralelo los fallecidos en Fornelos de Montes y incendios forestales dejan al descubierto un "negocio de fondos públcios" de inmensas y gigantescas proporciones, donde lo único que cuenta es el dinero público a manos llenas a través de fundaciones, Cetal, Seaga, Fremss, venta de helicópteros, campañas a medios de comuniación de prevención de incendios, manipulación informativa..Brigas Aerotransportadas, etc ....(+).

2. La asesora de Feijoo María del Mar Sanchez financia la venta de ropa laboral y calzado, ropa de policía, cursos de policía, páginas web a gobiernos del PPdeG ...
3. La administradora de varias empresas y convenios con la asesora de Feijóo, Mar Sanchez Sierra solicitó viviendas de protección oficial en varios puntos de Pontevedra. ...
4. Una asesora de Feijóo facturó irregularmente más de 400.000 euros  ... 5. https://www.google.es/search?q=corrupción+informativa+xunta+galicia....(+)

Galicia: Por la dignidad de los medios públicos y privados "CORROMPIDOS" por el Partido Popular


 

Otros articulos relacionados.....
esafsqarhyazeubebgcazh-CNzh-TWhrcsdanlenettlfifrglkadeelhtiwhihuisidgaitjakolvltmkmsmtnofaplptrorusrskslswsvthtrukurvicyyi