Información
Galicia

O Alcalde de Laracha (PPdeG) presume de xestións públicas cando oculta que o Concello esta convertido nunha escombreira sin control

Información
20 Junio 2018 314 Votos

35671735 2097586503828945 5433860410920927232 nCarolina Castiñeiras Brandón, concelleira do Grupo Municipal do BNG da Laracha, ao abeiro do Regulamento Orgánico Municipal presenta, para o seu debate no vindeiro Pleno da Corporación Municipal, o seguinte ROGO:

Na Parroquia de Erboedo, no camiño que está enfronte ao que dá acceso á Pedra do Ghicho/Marco da Anta, onde está colocado o panel informativo sobre dito ben arqueolóxico-patrimonial, localizouse un verquido de neumáticos en cantidade considerable (arredor duns trinta).

Máis unha vez, algún desaprensivo/a sen conciencia ecolóxica algunha, infrinxiu gravemente a lei e prexudicando non só o noso entorno senón tamén neste caso, pola situación do verquido, a imaxe colectiva do noso Concello por atoparse a poucos metros dun dos maiores tesouros patrimoniais co que contamos, que lembremos é un exemplo arqueolóxico único en toda a comarca.

 

Por todo o exposto SOLICITAMOS:

  1. Que se retire este verquido coa maior celeridade posible.

  2. Que dende o Goberno Municipal se promova a concienciación sobre o prexuízo colectivo que supoñen estas accións ao tempo que se persigan con dureza estes actos incívicos.

A Laracha, a 20 de xuño de 2018

Asdo. Carolina Castiñeiras Brandón,

Concelleira do Grupo Municipal do BNG da Laracha.

Galicia: Por la dignidad de los medios públicos y privados "CORROMPIDOS" por el Partido Popular


 

Otros articulos relacionados.....
esafsqarhyazeubebgcazh-CNzh-TWhrcsdanlenettlfifrglkadeelhtiwhihuisidgaitjakolvltmkmsmtnofaplptrorusrskslswsvthtrukurvicyyi