Información

O PP NÉGASE A RECLAMARLLE Á XUNTA UN PLAN DE SANEAMENTO DAS RÍAS GALEGAS

Información
XornalGalicia 19 Junio 2018 1107 Votos

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

A portavoz de Medio Ambiente do Grupo Socialista, Patricia Vilán, lamentou hoxe o veto do PP a unha moción socialista para reclamarlle á Xunta executar un Plan de Saneamento das Rías galegas con medidas urxentes de acción integral nas áreas máis ameazadas. A responsable socialista reivindicou unha resposta á depuración e tratamento das augas residuais urbanas.

Vilán acusou ao goberno galego de botar “balóns fora” e escudarse detrás dos concellos cando, apuntou, “a depuración non é competencia dos gobernos municipais senón da Xunta”. Lembrou a ameaza de sancións por parte da UE, sinaladamente dende a visita dos eurodeputados ás rías galegas en 2013, cando “advertiron do grave perigo das rías galegas”.

 

A responsable socialista advertiu do “retraso inasumible” de Galicia en materia de depuración de augas residuais, logo de “30 anos de gobernos do PP en Galicia e dos 8 anos de Rajoy en Madrid”. Apuntou así á necesidade de encetar “plans especiais de sustentabilidade e aproveitamento das rías de Arousa -cunha caída do 25 por cento na produción anual- e Pontevedra –que ten xa dúas zonas C de risco de marisqueo-.

Ademais, reclamou en concreto unha resposta á depuración e tratamento de augas residuais afrontando os problemas das EDARes de Os Praceres e Ames, favorecendo o remate inmediato da dragaxe da ría de O Burgo, ou licitando o proxecto de dragaxe e rexeneración da ría de Pontevedra.

Tamén urxiu ao goberno galego a impulsar un convenio de colaboración entre Xunta, Estado e Concello para a Edar de Santiago de Compostela “co fin da súa inmediata posta en marcha.

Touro

Finalmente, reclamou un estudo sobre o estado da antiga explotación mineira de Touro, executando un proceso especial de restauración para evitar calquera impacto medioambiental sobre os cursos fluviais que chegan á ría de Arousa.

Criticou que o director xeral de Minas dixera en Comisión parlamentaria a pasada semana que o Ph das augas daquela localidade era “normal” cando “as augas da lagoa que hai alí son negras e espesas coma chapapote”.

Otros articulos relacionados.....
esafsqarhyazeubebgcazh-CNzh-TWhrcsdanlenettlfifrglkadeelhtiwhihuisidgaitjakolvltmkmsmtnofaplptrorusrskslswsvthtrukurvicyyi