Información

Amador Pena e Tina Fernández, gañadores absolutos da carreira popular 10K

Información
XornalGalicia 18 Junio 2018 214 Votos

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

A 10K Carballo completou outra exitosa edición, a oitava, cun novo récord de participación, sobre todo nas categorías inferiores, o que reforza a aposta polo deporte de base que vén realizando o Concello de Carballo. A de onte foi unha mañá perfecta para a disputa da carreira: un temperatura ideal e máis unha brisiña que axudou aos corredores, non como na pasada edición, cando o calmuzo era case difícil de aturar xa desde primeiras horas da xornada. De feito, onte non se produciron case abandonos: 21 na categoría absoluta e un par máis nas outras categorías.

 

Conforme avanzaba a mañá a Praza do Concello íase enchendo de xente. Para o remate da carreira absoluta estaba case chea, pero aínda se encheu máis para ver correr aos máis pequenos, seguidos por unha romaría de familiares que pelexaban case, móbiles en man, por un sitio na rúa Colón onde tomar as mellores fotografías dos seus rapaces e rapazas.

De que o día era ideal para correr falan os tempos dos gañadores absolutos: os 33 minutos e 27 segundos de Amador Pena e os 37 minutos e 57 segundos de Tina Fernández, os dous non moi lonxe dos récords da carreira.

Entre os afeccionados que se achegaron á Praza do Concello estivo o piloto carballés Fran Gómez Pallas, encargado de abrir a carreira absoluta coa moto coa que participou na última edición do Rally Dakar. O alcalde, Evencio Ferrero, e o concelleiro de Deporte, Marcos Trigo, entregaron as medallas e os trofeos aos gañadores e gañadoras nas diferentes categorías.

Clasificacións

Absoluta masculina
1°) Amador Pena
2°) José Miguel Gómez
3°) Javier Neira

Absoluta feminina
1ª) Tina Fernández
2ª) Penélope Martínez
3ª) Uxía García

Xuvenil masculina
1°) Iván Abeledo
2°) Alejandro Gómez
3°) Óscar Parente Turnes

Xuvenil feminina
1ª) Alejandra Domínguez

Cadete masculina
1°) Bruno Salido
2°) Antonio Luaces
3°) Óscar Parente Turnes

Cadete feminina
1ª) Rosana Fernández
2ª) Lucía Vázquez
3ª) Aldara Chaves

Infantil masculina
1°) Sergio Soto
2°) José Manuel Negreira
3°) Víctor Ramos

Infantil feminina
1ª) Alejandra Formoso
2ª) Valeria Guridi
3ª) Irene Fernández

Alevín masculina
1°) Pablo Costa
2°) Lucas García
3°) Manuel Souto

Alevín feminina
1ª) Paula Vázquez
2ª) Aldara Ceide
3ª) Eva Formoso

Benxamín masculina
1°) Leo Sánchez
2°) Diego Veiga
3°) Diego Ambite

Benxamín feminina
1ª) Alba Morales
2ª) Natalia Varela
3ª) Alba Lamas

Otros articulos relacionados.....
esafsqarhyazeubebgcazh-CNzh-TWhrcsdanlenettlfifrglkadeelhtiwhihuisidgaitjakolvltmkmsmtnofaplptrorusrskslswsvthtrukurvicyyi