Información
Galicia

Rehabilitación e a posta en valor do muíño de vento de Laxe

Información
16 Junio 2018 439 Votos
A Deputación financiará a rehabilitación e a posta en valor do muíño de vento de Laxe

A Deputación da Coruña colaborará co Concello de Laxe na rehabilitación e posta en valor do muíño de vento da localidade, coñecido como o de "Manolo do Rei".

 

O alcalde da localidade, José Manuel Mouzo, acompañado de membros do goberno municipal laxense, reuniuse esta mañá co presidente da institución provincial, Valentín González Formoso, ao que explicou o proxecto para a adquisición e recuperación deste muíño de vento, único na Costa da Morte polo seu sistema de moa a base de engranaxes independentes e velas de lenzo triangulares como as que tiñan os barcos.

O muíño foi construído en 1924 polo laxense Manuel Ramos Mesías e funcionou até 1936. Actualmente está catalogado como ben de patrimonio arquitectónico municipal con protección ambiental.

Entre os seus compoñentes, conta con elementos construtivos e mecánicos moi peculiares coma o sistema de moa, o mesado de madeira no interior sobre o que se asentaban as moas, feitas en pedra do país, velas triangulares de lenzo, como as dos barcos, cuberta orixinal de cinc, xiratoria por medio de rodas de madeira, ou o cataventos no extremo superior que permitía coñecer a dirección do vento dende o interior.

Segundo explicou o alcalde, o Concello de Laxe conta co ofrecemento de cesión gratuíta e a autorización dos propietarios actuais, para poder emprender as actuacións que sexan precisas para a consecución deste proxecto tanto no muíño como na súa contorna.

O presidente provincial ofreceu a colaboración económica da Deputación para "un interesante proxecto de recuperación dun inmoble singular do patrimonio histórico, cultural e etnográfico de Laxe" e sirva como reclamo turístico, xa que se sitúa no monte Cornaceiro, preto da capela de Santa Rosa, que ofrece unhas interesantes vistas panorámicas do pobo.

Entre as melloras previstas, realizaranse actuacións previas de limpeza do interior, do exterior e do camiño que inclúe a reparación do sendeiro e das ramplas de acceso, reconstruirase o interior e exterior do muíño en función dos planos orixinais da maquinaria e do legado fotográfico-histórico, mantendo e restaurando os cimentos orixinais con portas e ventás contrapostas, levarase a cabo a recuperación da estrutura da cuberta de cinc e reelaborarase e colocarase a maquinaria (veleta, velas, cordames, caixóns de millo e fariña, moas de pedra...) de xeito que o muíño recupere o seu aspecto orixinal e a súa funcionalidade.

A finalidade do proxecto, cuxo custe se estima en 120.000 euros, pasa pola recuperación e a posta en valor dun ben patrimonial, artístico, cultural, histórico, didáctico e etnográfico municipal e da súa contorna. Entre outras iniciativas, o obxectivo é a realización de actividades e recreacións históricas no muíño que permitan as escenas teatralizadas, as visitas didácticas e a celebración de actividades culturais.

98.000 euros para adquirir unha nave para usos municipais

Por outra banda, a Deputación da Coruña e o Concello de Laxe asinarán nas vindeiras semanas un convenio de colaboración por importe de 98.000 euros para a adquisición dunha nave industrial de 622 metros cadrados e unha parcela libre de 907 metros cadrados para usos municipais. Trátase dun tipo de construción escasa ou inexistente en Laxe, que non conta cun parque empresarial nin polígono industrial no Concello.

A adquisición desta nave, de tamaño tres veces maior ao almacén actual, servirá para contar cun espazo onde estacionar os vehículos do parque móbil municipal, así como materiais e ferramentas.

Na reunión de hoxe, o presidente da Deputación e o alcalde de Laxe abordaron tamén a posibilidade de colaboración da institución provincial nas obras de reparación dun local social na parroquia de Santiago de Traba. O alcalde expresou a necesidade de acometer estes traballos para reparar diversos problemas existentes no inmoble.

 


Mar Sanchez Sierra, asesora personal de Feijóo aparece relacionada con turbios negocios relacionados con fallecidos y incendios forestales que califican ellos mismos de terrorismo incendiario

marsanchezsierra secretariademediosentramdopiramipdal 29 7 2018La asesora personal de Feijóo  monto o financió "una estructura de colaboración estable de fondos públicos con miembros del PP" familiares del brigadista fallecido en Fornelos de Montes que alcanza a un turbio negocio de los incendios forestales en la Xunta de Galicia y Rosa Quintana.

Xornal Galicia presenta denuncia en la Comisaría de Policía contra María del Mar Sánchez Sierra “Secretaria de Medios y Asesora de Feijóo” por el uso de fondos públicos para financiar plagios y derechos intelectuales de medios de comunicación. (+)

La Secretaria de Medios de la Xunta nombrada por Feijóo, Mar Sanchez Sierra alimenta un "entramado de empresas piramidal" de miembros del PPdeG con fondos públicos de la Xunta de Galicia bajo convenios y adjudicaciones a dedo con Adelaida Dominguez socia y administradora única de varias sociedades de una red de empresas para acceder a contrataciones públicas en la Xunta de Galicia y instituciones donde gobierna el PPdeG. En paralelo los fallecidos en Fornelos de Montes y incendios forestales dejan al descubierto un "negocio de fondos públcios" de inmensas y gigantescas proporciones, donde lo único que cuenta es el dinero público a manos llenas a través de fundaciones, Cetal, Seaga, Fremss, venta de helicópteros, campañas a medios de comuniación de prevención de incendios, manipulación informativa..Brigas Aerotransportadas, etc ....(+).

2. La asesora de Feijoo María del Mar Sanchez financia la venta de ropa laboral y calzado, ropa de policía, cursos de policía, páginas web a gobiernos del PPdeG ...
3. La administradora de varias empresas y convenios con la asesora de Feijóo, Mar Sanchez Sierra solicitó viviendas de protección oficial en varios puntos de Pontevedra. ...
4. Una asesora de Feijóo facturó irregularmente más de 400.000 euros  ... 5. https://www.google.es/search?q=corrupción+informativa+xunta+galicia....(+)

Galicia: Por la dignidad de los medios públicos y privados "CORROMPIDOS" por el Partido Popular


 

Otros articulos relacionados.....
esafsqarhyazeubebgcazh-CNzh-TWhrcsdanlenettlfifrglkadeelhtiwhihuisidgaitjakolvltmkmsmtnofaplptrorusrskslswsvthtrukurvicyyi